1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (4 Votos)

RiotGaliza - Festival das Brétemas - Minuto un do 2014.Querémonos libres. Desde a asociación cultural do Festi-Val das Brétemas fixemos unha declaración de intencións a noite de ano novo. Será o Feminismo o que marque a nova metodoloxía de traballo bretemoso.


Porque sabemos da dificultade de desfrutar da música feita por mulleres, tamén sabemos que nom é algo aillado nen anecdótico. Por iso, adicaremos todo o ano a identificar; para denunciar, os múltiples disfraces da violencia machista. Circulos, audiovisuais, concertos e espazos para tecer entre todas pensamentos máis críticos e igualitarios No 2015 non esqueceremos o aprendido no 14 pero será outra temática social e cultural a que marcará a nosa liña de intervención cultural.

Xaneiro comezou enchendo as paredes dun local enigmático de Ponteareas de frases, citas e reflexións de mulleres que nos acompañan no noso axir diario. Saímos de festa, visibilizando desde as aparencias, os pasos de aquelas que dunha ou outra maneira fan parte da nosa historia, coas nosas galas, risas bailes e conversas. Tamén em xaneiro, presentaremos a edición impresa de Pikara Magazine, revista online de xornalismo feminista. Na quinta feira 30, desde Euskal Herria, Andrea Momoitio achegaranos no bar Embruxos este transformador proxecto. Às oito da tarde!

Em febreiro traballaremos para non deixar pasar a oportunidade de pasear polas rúas da nosa vila denunciando, máis unha agresión ás mulleres no 2 de Marzo. O entroido, festa pagana na que poder denunciar publicamente aos que pretenden esmagar os nosos dereitos, adoptando o escarno de maldicir como a raiz do noso carnaval e adn.

O 8 de marzo. Non é máis un día da nai por moito que o intenten. O Día Internacional Das Mulleres Traballadoras significa conciencia e loita feminista. En Ponteareas teremos a oportunidade de participar numha mesa redonda entre mulleres presentes e activas em difererentes sectores e ámbitos profesionais. Deportistas, Profesoras, labregas, artistas e activistas, aportarán as súas perspectivas sobre a situación actual no patriarcado do século XXI.

En abril traballaremos arreo na recuperación dun espazo arquitectónico do noso pobo; a ferratería Mariño. Este antigo comercio, situado na rúa Esperanza, abrirá novamente no mes de maio, para cederlle o protagonismo ás artes visuais. Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Arias exporán os seus traballos fotográficos durante todo o mes. As portas estarán abertas diariamente a colexios, institutos e público en xeral. Teremos a oportunidade tamén, de participar durante tres días nun obradoiro de fotográfia . Finalmente, cámaras en man, e poñendo os anteollos violetas, as compañeiras proporán un tema có que traballar a imaxen desde a perspectiva de xénero, para a súa divulgación final. .

O 17 e 15 de maio escoitaremos novamente dúas reinvindicacións nacionais e transfronteirizas. Galiza e Palestina teñen moito que dicir. Diferentes asociacións, colectivos ou persoas compartirán con nós na sala multiusos de Ponteareas as súas reinvindicacións politicas e culturais polo o dereito a decidir dos pobos . Maio de letras, de palabras e imaxes libertarias cedidas polo Festival de Cine Árabe Amal e a BDS, coas portas sempre abertas.

O 2014 non será un ano como outro calquera. Estamos a vivir tempos dificiles para a maioría social e ainda com maior dureza para as mulleres. Desde a organización do Festi-Val das brétemas sabemos da forza transformadora que ten construirmos xuntas redes sociais e populares para o comezo da festa infinita. O 2014 será o ano 0, da rebelión das de abaixo.

Na loita e na festa o maschismo sempre apesta!

Ponteareas a 19 de xaneiro de 2014.

Asociación cultural do Festi-Val das Brétemas.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.