1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280313 cansGaliza - Galiza Confidencial - Recibíronse 82 curtas de ficción, 14 de animación, 56 videoclips e 12 pezas doutros xéneros, números moi similares aos do ano pasada.


O Festival de Cans recibiu este ano 164 producións galegas para compoñer a súa programación, unhas cifras practicamente idénticas ás do ano pasado, cando se recibiron 166. A organización valora moi positivamente a participación tendo en conta o actual contexto de crise económica e de escaseza de axudas á produción. Recibíronse 82 curtametraxes de ficción, 14 de animación, 56 videoclips e 12 pezas doutros xéneros. A organización está a ver os traballos recibidos, cos que se confeccionará a selección definitiva para a sección oficial e seccións paralelas da décima edición do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio.

O número de curtas recibidas superou as expectativas da organización. A cifra é moi importante se temos en conta que o festival se nutre só de producións feitas en Galicia ou por directores e directoras galegas. Demóstrase así que a pesar do difícil que consiste neste momento conseguir financiamento para a produción de curtametraxes, con escaso apoio das administración, os novos creadores audiovisuais seguen apostando por crear e exhibir os seus traballos.

Se no apartado de ficción é salientable este esforzo, aínda cobra maior relevancia no de animación, unha modalidade de produción máis custosa e na que ten un mérito especial conseguir xuntar 14 producións galegas, resultado da forte aposta dos seus creadores por sacar o seu traballo adiante con orzamentos mínimos e sen apoio institucional.

Como en anos anteriores, aos directores con certa traxectoria na creación de curtametraxes en Galicia únense novos nomes. Destaca a presenza bastante numerosa de directores e directoras que residen fóra de Galicia, xa sexa en Madrid ou Barcelona ou noutros países como Estados Unidos.

No caso do videoclips son maioritarias as propostas chegadas desde o ámbito do pop e do rock, pero tamén hai pezas doutros xéneros como folk e hiphop. É salientable que a maioría dos videoclips son de grupos independentes que en moitos casos se autoeditan e, a pesar diso, non renuncian a contar con videoclip como parte fundamental do seu proxecto desde os puntos de vista promocional e creativo.

Premio á banda sonora

O proceso de visionado está agora en marcha e aínda está por decidir que curtametraxes entran a concurso, a organización valora que hai un bo número de curtas con bandas sonoras de calidade, polo que o Festival de Cans vai crear un premio á mellor banda sonora orixinal. Séguese así a recomendación do xurado do ano pasado, que instou ao festival a crear este premio atendendo ao alto nivel existente e como maneira de promover o traballo dos compositores para cine.

Con esta nova categoría, entregaranse no festival de 2013 doce premios: nove para curtametraxes, dous para videoclips e un premio de honra. Serán en total 6.200 euros en premios, ademais dos Cans de Pedra que recibirán os gañadores, as coñecidas estatuíñas realizadas polo artesán canteiro local Paco Candán.

No que se refire ás curtametraxes hai dúas categorías a concurso: curtas de ficción e curtas de animación. Os premios do xurado en ambas categorías están dotados con 1.500 euros, e con 1.000 euros os premios do público. Un xurado de veciños escollerá tamén a mellor curtametraxe do festival. Tamén recibirán premios o mellor actor, a mellor actriz e o mellor guión, con 200 euros en cada caso.

No apartado de videoclips hai dous premios ao mellor videoclip: o que outorga o público e o que entrega o xurado. Cada un deles recibirá 300 euros, ademais do Can de Pedra.

Todos estes premios sumaranse aos xa anunciados a semana pasada. O premio de honra Pedigree'13 será para Manuel Manquiña e os chimpíns de prata para a serie de televisión Era visto! e para os catro matrimonios que cederon as casas na primeira edición do festival: Aurelia Fortes e Juan José Carpintero, polo Cuberto de Antonio; Jesús Giráldez e Carmen Saavedra, pola Casa do Carreira; Carmen Fortes e Manuel Bugarín polo Cuberto de Bugarín; e Carmen Pérez e Juan García pola Casa do Pato.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.