Desta volta, um passo bastante grande, sentar as bases de umha estrutura própria para organizar as competiçons galegas e as seleçons nacionais.
O dia 9 de março de 2013, na Cervejaria Canosa da Corunha, os clubes galegos formalizárom a criaçom da Associaçom Galega de Futebol Gaélico. Tivem a honra de ser eleito presidente, nom como representante do meu clube, Corunha Filhos de Breogám, senom como representante da GAA, como controlador oficial de competiçons, funçom que desempenho por vez primeira este ano na Península Ibérica. O secretário é José António Carvalheda, membro dos Irmandinhos da Estrada. E Martim Fernandes, um burelao de pro, será o tesoureiro em representaçom dos Ártabros de Oleiros. Os vogais da primeira junta diretiva da Associaçom som Sebastián Pan e Carlos Seco representando os Filhos de Breogám, Alberto Suárez, por parte de Irmandinhos e Ivám Vilalom por parte de Mecos do Grove. Aliás, na assembleia fundacional estivérom presentes Kamy Fernandes (a que captou a imagem que acompanha este texto e que, portanto, nom sai nela) e Alberto Mendes, de Filhos de Breogám, Gus Postigo e José António Vasques, de Irmandinhos da Estrada e Anjo Lopes e Alexandre Martins por parte de Mecos.
À espera de que o Ponte vedra Futebol Gaélico esteja pronto, a competiçom de sete contra sete começará fim de semana de Sam Patrício. Non había data máis acaída para a primeira liga galega oficial do deporte nacional irlandés. Esa primeira cita enfrontará a Fillos e Ártabros no derbi coruñés ás 14.30 horas na Cidade Desportiva da Torre de Hércules. Na Estrada, tambén haberá derbi: Irmandinhos contra Bráithreachas. A segunda xornada terá lugar na Coruña o 30 de marzo. Jogarám Filhos-Irmandinhos e Ártabros-Mecos. Na terceira, A Estrada acolherá un Irmandinhos-Mecos e Bráithreachas-Fillos. Para a quarta será Ogrobe o anfitrión cun Mecos-Bráithreachas e Irmandinhos-Ártabros. A xornada quinta e final xogarase nunha vila diferente (todo apunta a Pontevedra, pero aínda está por concretar) e os partidos serán Ártabros-Bráithreachas e Fillos-Mecos.
Todas as rodadas están pensadas para ser compatibles co Campionato Ibérico. Para a volta do verán, comezará a Liga Galega de fútbol gaélico, desta volta si, once contra once. As rapazas, já que só contan con dous equipos en Galicia, Fillas de Breogán e Irmandinhas, xogarán amigables entre elas e, claro, o Campionato Ibérico feminino.

