1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130306 minhotosGaliza - Sermos Galiza - A música tradicional continúa a dar novos froitos. Os Minhotos presentan Pinga d'Auga, o seu primeiro traballo discográfico após seis anos de actuacións por todo o país.


Amor ao país e á nosa música. Os Minhotos levan seis anos transmitindo en directo o que aprenderon de maneira oral. Após todo ese tempo pensaron deixar en formato físico esas experiencias e gravar o que por agora é o seu primeiro traballo discográfico: Pinda d'Auga. “Escollimos o nome por un poema de Manuel María”, afirma Xaneco Tubío, un dos seus compoñentes, “coñecémolo en vida e falaba de que o grupo debíase chamar Os Minhotos e así foi”.

Para quen se achegue por primeira vez a esta formación tradicional descubrirá sons antergos e arranxos contemporáneos que veñen da formación clásica de varios dos seus compoñentes. “O repertorio é a nosa visión da música tradicional galega do século XXI”, clarifica Tubío.

Homenaxe ao músico tradicional

Xaneco Tubío, como outros tres compoñentes da formación lucense, leva anos no mundo da música con outra formación, Caldaloba, e vive do seu obradoiro de instrumentos tradicionais. “Non podemos vivir de tocar e dependemos doutros traballos”, admite.

Mais a música galega é a súa vida. “Estamos nela polos que viñeron antes, por iso adicamos o noso traballo aos gaiteiros que pasaron épocas duras, de prohibición e ridiculización”. Os tempos mudaron mais non tanto e agora, asegura Xaneco, segue a época dura. “Eliminaron os apoios á música e na programación das cidades, por exemplo, a música galega é testemuñal”.

Presentación en Lubican 2013

Os Minhotos teñen un directo agradecido. A presentación do que xa é po seun primeiro traballo discográfico vai ser o 14 de marzo dentro do Festival Lubicán 2013 que organiza a USC. “Vai ser unha actuación moi especial pola participación de músicos que colaboraron na gravación e que non teremos moitas máis oportunidades de coincidir en directo”.

Os Minhotos son Alberto Castro (Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo), Xaneco Tubío (Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo), Bruno Villamor (Gaitas, Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril), Paula Fernández (Acordeón) e Vitor Otero (Zanfona, Gaita, Percusións). Eis unha actuación en vídeo gravada diante da casa de Hortas, lugar de nacemento do poeta nacional Manuel María, en Outeiro de Rei, participando na Alborada a Rosalía o 24 de febreiro de 2013 co tema "Sobresainte"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.