1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

121123 CarnotaGaliza - Que passa na costa - Unha exposición fará máis visible a vida e o compromiso de Moncho Valcarce para os veciños de Carnota e arredores.


Dende este venres 23 de novembro e ata o 30 de decembro de 2012, a Irmandade Moncho Valcarce achega á vila carnotá a exposición “Moncho Valcarce: unha vida de compromiso”. Unha exposición que toma a figura de Moncho Valcarce como fío condutor, para achegarnos a través de 25 paneis ás mobilizacións labregas de finais do franquismo e de comezos da transición española, que marcaron o precedente para movementos actuais coma o da defensa do medio, o sindicalismo agrario ou mesmo a creación de organismos básicos do nacionalismo galego como foron a AN-PG, o BN-PG ou os Comités de Axuda á Loita Labrega.

A exposición inaugúrase no salón de actos do Concello de Carnota o próximo venres, 23 de novembro, ás 19:30 h, cun acto que inclúe a presentación do libro Moncho Valcarce, un símbolo para Galiza, de Victorino Pérez Prieto. Na inauguración intervirán Ramón Noceda Caamaño, alcalde do Concello de Carnota; Domingo Martínez Beiro, membro da Irmandade Moncho Valcarce, así como Ramón Muñiz de las Cuevas e Xácome Santos Gayoso, presidente e secretario da dita irmandade, respectivamente.

A mostra permanecerá no Concello de Carnota ata o 30 de decembro e poderá visitarse de luns a venres, en horario de 8:00 h a 14:30 h.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.