1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121024 regueifaGaliza - Quepasanacosta - Xa está publicado. O “Cancioneiro de Cabana de Bergantiños” veu a luz a pasada mañá. A obra é unha escolma de diferentes pezas pertencentes á literatura oral que integran o arquivo tradicional dos músicos e investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz, froito dun intenso traballo de investigación cultural e etnográfica levada a cabo por eles dende hai case dous decenios.


Detrás destas dúas figuras artísticas, contaron coa colaboración de dous mestres, Xosé Manuel Varela Varela e Felipe Senén, que acompañaron ao alcalde cabanés e ao secretario xeral de Política Lingüística Valentín García na presentación.

Cancioneiro de Cabana de Bergantiños

O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños constitúe unha recompilación de pezas recollidas a partir dun intenso traballo de campo levado a cabo polos músicos e investigadores etnográficos Olga Kirk e Pablo Díaz durante a década dos 90, nomeadamente entre os anos 1993 e 1997.

Esta laboriosa tarefa de recolleita conforma hoxe un importante arquivo oral centrado na comarca de Bergantiños, co que fornecen a súas actividades profesionais nos eidos da música, do canto e da danza tradicional galegas. Dende el recuperan e dan a coñecer boa parte do patrimonio cultural da Galicia tradicional como docentes, músicos e dinamizadores do tesouro inmaterial do país.

A obra, editada polo Concello de Cabana de Bergantiños co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña, baixo a coordinación de Xosé Manuel Varela, ofrece a transcrición das coplas, cantos de Nadal, regueifas, cantos de cego e parrafeos recollidos nas parroquias que integran o concello que lle dá nome ao volume.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.