1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

021012 cinema1Galiza - Cineclube Compostela - Tras o habitual descanso do verán, o Cineclube de Compostela regresa con novas forzas este mércores 3 de outubro, volvendo ao seu horário habitual das 21:30 horas. Faino coa proxección do filme de Nicolas Klotz A cuestión humana(La question humaine, Francia, 2007), co que se inicia un ciclo sobre recursos humanos que se vai desenvolver nas tres primeiras semanas de outubro. A sesión vai ter lugar no lugar horario habitual, o CS O Pichel (Santa Clara, 21). 


A cuestión humana é unha adaptación da novela homónima de François Emmanuel, publicada no ano 2000. A historia céntrase em Simon Kessler, que traballa que traballa como psicólogo no departamento de recursos humanos nunha empresa petroquímica. O subdirector da firma, Karl Rose, pídelle a Kessler que realice unha enquisa confidencial sobre o estado mental do director xeral, Mathias Just. Mais o desenvolvemento da enquisa vai pór en cuestión as certezas e as percepcións do psicólogo, así como o seu traballo impecábel de servizo á empresa.

A partir daí, o filme mergullase dunha maneira fria e inquietante no depravado mundo das relacións empresarias, os “recursos humanos”. Os planos fixos e a composición sobria co que comeza a fita comezan a derivar en perspectivas de cámara ao ombreiro e unha leve oscilación que acompaña a perda do chan, nunha sensación de pesadelo que atrapa e angustia completamente ao espectador. No fondo da pantalla, a teoria do nacismo como produto da civilización industrial e do capitalismo moderno como último exponente desta ideoloxía.

Nacido en Neuilly-sur-Seine (Francia), Nicolas Klotz iniciouse no cinema a través do mundo do cineclubismo, no que participou na súa mocidade. Após traballar como asistente de montaxe e montador, realiza o seu primeiro filme, Pandit Ravi Shankar(1986), tras unha viaxe á India para coñecer a Satyajit Ray. Será o primeiro de varios documentarios musicais, como os que vai dirixir sobre o pianista Brad Mehldau (1998) ou o saxofonista James Carter (1999). As súas duas primeiras longametraxes de ficción, A noite bengali (1988) e A noite sagrada (1993), están unidas pola denunia da fenda existente entre Occidente e o resto do mundo. Em 2000 propón á cadea Arte Un anxo en perigo, documentario sobre os excluídos do sistema social francés, tema que retomará en Paria (2004) e na ficción A ferida (2004), así como en certa maneira en A cuestión humana. Desde hai décadas, realiza os filmes en colaboración coa súa parella Elisabeth Perceval, guionista.

Con esta proxección comeza no Cineclube un ciclo sobre recursos humanos, que se vai extender ao longo das tres primeiras semanas de outubro. A vindeira cuarta feira 10, o ciclo vai continuar coa proxección do documentario de Harun Farocki A entrevista (Die Bewerbung, Alemaña, 1996), no que o director alemán filma as aulas para ensinar a parados a venderse nas entrevistas de traballo. O ciclo vai finalizar coa proxección de O emprego (Il posto, Ermanno Olmi, Italia, 1961), o mércores 17 de outubro.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

OUTUBRO 2012

CICLO «RECURSOS HUMANOS»

Mércores 3 de outubro ás 21.30 no Pichel
A cuestión humana
(La question humaine, Nicolas Klotz, Franza, 2007, 134′, VOSG)

Mércores 10 de outubro ás 21.30 no Pichel
A entrevista
(Die Bewerbung, Harun Farocki, Alemaña, 1996, 59′, VOSG)

Mércores 17 de outubro ás 21.30 no Pichel
O emprego
(Il posto, Ermanno Olmi, Italia, 1961, 93′, VOSG)

Mércores 24 de outubro ás 21.30 no Pichel
O home do traxe branco
(The Man in the White Suit, Alexander Mackendrick, UK, 1951, 84′, VOSG)

Mércores 31 de outubro ás 21.30 no Pichel
Adolescentes
(Ángel Santos, Galiza, 2011, 63′, VO)

Foto: Gentalha do Pichel


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.