1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310812 vmGaliza - Galiza Confidencial - Este Festival, organizado co gallo do Día Internacional da Paz que terá lugar o vindeiro 21 de setembro, ten como obxectivo servir de escaparate ao mellor cinema independente de todo o mundo e recoñecer o traballo daqueles directores que reflicten o seu compromiso con valores como a paz ou a igualdade a través da súa particular maneira de facer cine.


Neste caso a última longametraxe do director Ignacio Vilar, que competía na sección de longametraxes internacionais, recibiu a pasada noite o Galardón á Excelencia no Festival de Cine Internacional para a Paz, a Inspiración e a Igualdade na Cerimonia de entrega de premios celebrada onte no Blitzmegaplex cinema, Grand Indonesia, Jakarta (Indonesia)

VILAMOR está inspirada nos feitos reais acaecidos nos anos 70 na montaña lucense; onde, fiel reflexo dos cambios políticos e sociais dunha etapa histórica controvertida en España, instáurase unha comuna como modelo alternativo que defende efectivamente valores como o respecto polo medio ambiente, a paz, a liberdade e a igualdade de sexos, entre outros.

Logo dos galardóns obtidos recentemente por VILAMOR á Mellor Banda Sonora e Mellor Fotografía no marco do New York City International Film Festival, a produtora Vía Láctea Filmes insiste na importancia do cinema como ferramenta indiscutible para acadar o recoñecemento que a nosa cultura e a nosa xeografía merecen tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Máis información: www.vilamor.eu

Publicación oficial do galardón: http://www.internationalfilmfestivals.org/winners.htm


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.