1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030812mamacabraGaliza - Sermos Galiza - Som os ghits da gente miúda. Mamá Cabra vem de gravar Bicos de música, um novo trabalho com dez temas e dez video-clips para escuitar e bailar. Depois do êxito de Já me tardam estes Magos, a cativada aguarda com ánsia o novo disco.


A Editorial Galáxia, selo onde viron a luz os últimos dous trabalhos de Mamá Cabra, vén de anunciar que os dez temas músicais e dez video-clips que se incluirám em Bicos de Música xa están gravados. O processo desenvolveu-se na pasada semana nos concellos de Teu e Compostela.

Desde que no ano 2000 subiu por vez primeira a um palco, Mama Cabra comezou a gañar fans entre a cativada. Cantos Rodados, o primeiro traballo discográfico publicado en 2002. Custou nacer, dado que o grupo non atopou o apoio editorial que agora o acompanha. Agora chegan da man de Galaxia ao seu noveno traballo discográfico nun momento en que enchen cada un dos seus concertos e conseguen que o público cantaruxe os seus temas, repetindo letras que moitos nenos e nenas coñecen de memoria. Espectáculos como Ola, ola, ola!, Xa me tardan estes Magos ou Cantos pequenos conseguen que o público cante e baile canda el@s.

Despois de Cantos Rodados, sete traballos máis somárom-se a súa discografía. Viría a continuaciónCantando Conmigo no ano 2004 para seguir Tan só con leres un libro, un proxecto con fichas, partituras e debuxos para colorear. Con temas de Susa Herrera nace Cartas que veñen e van e no 2008 versionan músicas infantis en Patitán Patatán. Con caraoque chegou Ola, ola, ola! antes de revolucionar o pasado Natal con Já me tardam estes Magos. En todos eles un feixe de cancións que son xa verdadeiros ghits da infancia. “A sereinha”, “O polo Pepe”, “Glu, glu, glu” ou “Ola, ola, ola”.

Bicos de música, o seu noveno trabalho, saíra publicado despois do verán en Galaxia. Nace cun título que fai referencia a esas cancións agarimosas que tiram os medos da noite. Na entrevista publicada no semanário Sermos Galiza a meados de junho, Gloria Mosquera anunciou que estaban dándolle voltas á ideia de irem em pijama aos concertos, um divertido atrezzo ao jeito doutros que tenhem empregado no cenário. Tenhem na cabeça tamén a posibilidae de repartir cachecois, um elemento futeboleiro que, desta volta, identificaria as pessoas siareiras do grupo. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.