Encetamos a andaina coa Residencia de Verán, a cargo de Irene La Sen (Barcelona, 1984), poeta e indagadora que focaliza o seu traballo a través da palabra falada e a relación desta co musical, e que estará en residencia durante o mes de Agosto, realizando, ademais, unha serie de obradoiros gratuítos e recitais coordinados co Concello de Rianxo e abertos ao público.
Abrimos, asemade, a convocatoria e o prazo de presentación de propostas para participar naResidencia de Outono dirixida a todos os autores e autoras interesadas en desenvolver un proxecto de investigación e creación propio. É obxecto do programa propiciar as condicións e infraestrutura necesarias para o desenvolvemento do traballo literario, así como o estabelecemento dun espazo de intercambio entre os escritores e a comunidade de acollida (tanto a aldea de Brión como o concello de Rianxo) que redunde no potenciamento da actividade creativa da bisbarra.
Foto: SobreGaliza - Rianjo é o lugar onde está a residência.

