Peleteiro superou a sua principal rival, a cubana Liuba M.Zaldívar, cun salto espectacular de 14 metros e 17 centímetros. Peleteiro, de apenas 16 anos, estableceu ademais con este salto a terceira mellor marca española absoluta de todos os tempos. Esta marca chegou no seu terceiro salto. Xa no primeiro, a galega establecera un espectacular 13,87. A cubana Zaldívar superouna no salto seguinte (13,90) pero Peleteiro non achantou e volveu sorprender cun fantástico 13,96. No terceiro salto, depois de que os juízes deran a conhecer o registo (cun vento de 1 m/s en contra), a atleta do Barbança non pudo com a emoçom e rompeu a chorar no ombro do seu emocionado treinador Abelardo Moure. Porém, o susto chegou uns minutos mais tarde quando a lituana D. Dzindzaletaite, no seu quinto salto, igualou a marca da galega. Afortunadamente, o 13,96 do segudo salto decantou a vitória para Peleteiro
O pasado mes de xa dabamos conta no Dioivo do record nacional establecido pola atleta ribeirense no Campionato Galego junior que se celebrou en Cangas do Morraço cun rexistro de 13,50. Era a constatación do nivel da atleta que xa acadara o bronce no Mundial de Lille 2011 e que fora elixida mellor atleta xuvenil pola Federación Española de atletismo. Os limites de Ana Peleteiro Brión son inimaxinabeis. O seu presente xa forma parte da história do desporto galego.


