1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120526 mrbearGaliza - Dioivo - O Torreiro de Cans acolleu onte á noite a entrega de premios da IX Edición do Festival de Cans. A curtametraxe Mr.Bear, dirixida por Andrés Rosende, o compostelán que triunfa coas súas curtas nos Estados Unidos, foi galardoada co premio á mellor curtametraxe de ficción, segundo decisión do xurado, que valorou que a curta "conxuga técnica a técnica, a interpretación e o humor, nun exercicio de ironía pura e dura". O premio está dotado do Can de Pedra e 1.500 euros.


O xurado estivo composto esta edición polos actores María Mera, Federico Pérez, Iolanda Muiños e o catalán Edu Soto, ademais do xornalista Antón Losada, a realizadora Marta Piñeiro e o guionista Ángel de la Cruz. Decidiron concederlle o premio á mellor curta de animación a O Xigante, de Luis Matta e Julio Vanzeler, ao que consideraron "un auténtico poema visual". Luis Zahera acadou o premio á mellor interpretación masculina por Conversa coa muller morta de Sonia Díaz mentres que o premio á mellor interpretación feminina recaeu en Teresa Fraga por Dúas Letras, de Eloy Varela, curtametraxe que levou tamén o premio á mellor curtametraxe outorgado polo xurado conformado polos propios veciños de Cans. O palmarés pechou o premio ao mellor guión, que foi para Rafa de los Arcos por El Baile Maldito.

Nos días anteriores xa se coñeceran os premios aos videoclips. O premio do xurado foi para El Puerto del Sonido de Mullet, mentres que o do público foi para Desequilibrio, dos porriñeses Baldosa Amarilla.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.