1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030512 Carnota1956Galiza - AMPPN - Ano 1956. Estados Unidos e Francisco Franco acaban de asinar un acordo de colaboración entre os dous estados. Máis antes diso o goberno americano esixiulle ao dictador que concedera permiso ás súas forzas aéreas para facer un recoñecemento aéreo de toda a Península. Este proxecto deu como resultado o Voo americano de 1956, unha iniciativa pioneira que tras medio século gardado baixo o máis alto segredo de estado, acaba de desclasificarse. As ortofotos, fotos aéreas moi detalladas do mundo no que vivimos, aínda que hoxe son pan de cada día pola profusión de servizos como Google Maps, daquela eran unha auténtica utopía.


Pois ben, a Asociación Monte Pindo Parque Natural acaba de ter acceso ás imaxes obtidas polos aparellos americanos sobre o concello de Carnota, que agora colgamos en Internet para todos os nosos visitantes. Poucos lembran que hai menos de 60 anos Lira era pouco máis que o Miñarzo e unha enorme duna, que na Gándara de Caldebarcos había media ducia de casas e na de Lariño ningunha, ou que no Pindo apenas estaba comezando a edificarse sobre a antiga lagoa. Estaba a túa casa? Como era entón o teu recuncho favorito? Por onde andaba a xente? Estas, e moitas outras sorpresas, agárdanvos con este ortomapa obtido xusto despois da construción da ponte do Ézaro e da estrada comarcal que cambiaron definitivamente e para sempre o noso contorno. Disfrutádeo. [Clickaqui para ver no tamanho aumentado]

Novas imaxes únicas do Coadoiro

Falando de voos, o dun microcóptero (un helicóptero en miniatura con varias aspas que se utiliza para gravar) revelou novas imaxes rarísimas do Coadoiro do río Xallas, partindo desde o fondo da gorxa granítica e elevándose ata as derradeiras pozas que a auga da ría frustrada do Xallas foi labrando a través dos séculos. As imaxes son de Alberto Castaño e tivemos coñecemento das mesmas vía Juan Ramón Vidal Romaní, que á súa vez coñeceu o proxecto neste blog. Os adxectivos poñédeos vós, nós xa os esgotamos a primeira vez que vimos as imaxes.

Foto: AMPPN - Carnota em 1956


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.