1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

220211_galiza_e_portugal_dous_povos_uma_linguaGaliza - A Nossa Terra - [Xosé Lois Garcia] O activista intelectual Manuel Oliveira Guerra foi un dos portugueses do norte máis interesados en achegarse á cultura galega.


Do seu maxín xurdiu a revista 'Céltica', que nos anos da década do 1960 foi lugar de encontro para penas dun e doutro lado da fronteira.

Neste norte portugués, tan esencial e receptivo para o que incumbe á cultura galega, houbo persoas que potenciaron vencellos como é o caso que nos ocupa. Manuel Oliveira Guerra (Oliveira de Azeméis, 1905-Porto, 1964) foi o mentor dunhas relacións sólidas, extensas e fraternais. Nele podemos observar non un precursor desas relacións pero si un continuador destas e un pioneiro en estratificar unha nova xeira de eventos e realidades entre Portugal e a Galiza. Por todos estes seus esforzos estamos, os galegos, na obriga de reconstruír parte deses alicerces cos que Oliveira Guerra contou e, sobre todo, achegounos a eles. Non cabe dúbida de que as súas realizacións, o amor a unha cultura común e a sementeira que este intelectual tivo en pro de Galiza son impagábeis.

Oliveira Guerra aos 11 anos ten que ingresar no Sanatorio Marítimo do Norte, en Francelos, por unha doenza ósea na que está internado durante 11 anos. Neste sanatorio converteuse nun precoz intelectual que ve publicados os seus primeiros poemas no xornal O Correio d’Azeméis. Nesa situación de doenza, foi capaz de crear un xornal inscrito ao Sanatorio, titulado Girassol. Estamos falando dos anos 1955-56. Foi nesta época cando Oliveira Guerra conecta coa Galiza a través de varios xornais galegos que chegan a ese sanatorio, acordaron nel  a paixón pola cultura galega e codificando seus símiles con respecto a Portugal. Aquí comeza a grande xeira de establecer e ampliar contactos coa marxe dereita do Miño.

Mais a chairega Guitiriz, coas súas caldas ou balneario, foi testemuña viva da presenza de Manuel Oliveira Guerra, na que buscou nos veráns saúde nesas termas. E xa que tiña un amor por Galiza agora tería unha complicidade aberta e chea de amor por esa cabeza (Galiza), sen corpo (Portugal) como nos referiu Vilar Ponte, dado que o río Miño serviu para mutilar a cabeza do corpo daquela Suevia. Sen dúbida, Guitiriz foi esencial para Oliveira Guerra, que lle serviu de ponte necesaria e pasar da frecuencia teórica á practica; do mais elemental ao mais primordial de Galiza. Coñecela in situ serviulle para fortalecer os sentimentos e a unión entre Portugal e a Galiza.

Partindo deses contactos coas xentes da Terra Cha, na hospedaría Martínez, rexentada polo matrimonio de Xesús e Leonor, foi onde tivo a idea de crear a revista Céltica, unha publicación necesaria para o vencello entre Galiza e Portugal, publicada no Porto, na década dos 60 do pasado século. Unha edición puntual e necesaria na que moitos dos intelectuais galegos colaboraron. Unha revista a dúas bandas que se nos fai notar a súa ausencia.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.