Foto do Clube da Língua - O alunado do Ciclo de Soldadura com réplicas de espadas pré-históricas.
A conferencia de David Abella ten como obxectivo presentar o proxecto de arqueoloxía submarina que ARGOS-Servizo de Actividades Subacuáticas vai desenvolver no rio Ulla, no lugar de Brandomés, en colaboración co Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
Este proxecto parte da lenda da espada de Brandomés, unha lenda recollida durante a elaboración do "Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces" que alumnado, profesorado e familias do IES Marco do Camballón desenvolveron hai dous cursos e no que participaron mais de cen persoas.
Ao ser o rio Ulla un lugar de interese arqueolóxico especial, pois nel apareceron no século XX numerosas espadas da Idade de Bronce, este proxeto relaciona a nosa lingua e a tradición oral coa arqueloxía submarina. Relacionado con este traballo de divulgación,, alumnos do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón fixeron o curso pasado dúas replicas de espadas da prehistória, asesorados pola arqueóloga beatriz Comendador.
David Abella e ARGOS teñen interese na divulgación da arqueoloxía como forma de posta en valor do patrimonio e, neste proceso científico e educativo, participará o alumnado do Marco do Camballón coñecendo de primeira man a metodoloxía científica e comunicativa dunha intervención arqueolóxica deste tipo.
Desde o Clube da Lingua explican que é importante relacionar os nosos valores culturais, o noso patrimonio, coa última tecnoloxia científicia, e que o motor deste proxecto é a lingua galega, ao converterse no estímulo fundamental deste e outros procesos de participación social e educativa.
A conferencia de David Abella terá lugar no Auditorio Xosé Casal, ás 9.20 da manhá, dentro do Festival de Nadal.

