1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220610_clube_cinemaGaliza - Cineclube Compostela - Esta semana, o Cineclube de Compostela muda o día de proxección para o xoves 24 de Xuño, ao coincidir a data habitual dos mércores coa festa das cacharelas.


E ademais, a programación ten un significado especial, xa que contaremos coa presenza do ex presidente do Cineclube, Ramiro Ledo Cordeiro, que ven presentar a súa nova fita O proceso de Artaud  (Ramiro Ledo, Galiza, 2010). Atención ao cambio de data: A proxección terá lugar, daquela, o xoves 24 de Xuño ás 21:30 no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21).

Nesta fita, Ledo utiliza as imaxes de A paixón de Xoana de Arco de Dreyer para darlles un novo significado, a través das memorias de Antonin Artaud sobre a súa expulsión da Internacional Surrealista. Pero, mais que un détournement do filme, o que consegue o director é descubrir unha nova historia que xa estaba, durmida, na fita de Dreyer, conseguindo dalgunha maneira un filme a catro mans a través da historia. Unha nova maneira de vermos un filme, o de Dreyer, que segundo o propio Ledo esta escrito contra o seu tempo, desde o futuro (“Vermos hoxe La passion de Jeanne d'Arc ponnos diante dun tribunal medieval, e fainos pensar no pouco que mudou a posta en escena dos xuízos desde hai case seiscentos anos. Dános a ver como a maneira de tratar coas leis non implica necesariamente que se faga xustiza con elas”) e un novo exemplo da mestría do director galego no uso de material cinematográfico, trás o seu recoñecido CCCV (Cineclube Carlos Varela).

A sesión contará coa presenza do director que introducirá o seu filme e participará dun debate co público. Ademais, vai completarse con outros dous títulos, que tamén van ser presentados por Ramiro Ledo: Montaxe en catro movementos: 1. O mercado do trigo (Montaggio in quattro movimenti: 1. A Corner In Wheat, Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, Italia, 1985 / D. W. Griffith, EUA, 1909). unha análise de David Wark Griffith sobre o mercado do trigo retomada por Danièle Huillet e Jean-Marie Straub para a televisión italiana e A rodaxe de 'Sala 10' (Le tournage de '10e Chambre', Raymond Depardon, 2004), unha peza na que o documentarista e fotógrafo francés Raymond Depardon explica como se realizou o seu filme Sala 10: Instantes de audiencia, realizado con gravacións dos xuízos dunha sala do tribunal correccional de París. Dous filmes, pois, que entroncan directamente con O proceso de Artaud a través da utilización de material previo e da filmación da inxusta retórica e rutina xudiciaria, constante na historia desde a inquisición até o propio tribunal da Internacional Surrealista.

Nacido en Lugo en 1981, o xornalista Ramiro Ledo fundou no ano 2001 o Cineclube de Compostela, que presidiu até  2007. Dirixiu tamén a publicación Ariel. Boletín de cinema en galego e participou no filme colectivo contra Fraga Hai que botalos (Galiza, 2005). Actualmente forma parte do Consello de Redacción da revista virtual de cinema Blogs & Docs (http://www.blogsandocs.com/). En 2006 estrease na dirección co documentario CCCV-CineClube Carlos Varela (Galiza, 2006), realizado a partir do material gravado por Carlos Varela Veiga. A curtametraxe O proceso de Artaud é a súa segunda fita.

A semana que ven, remata a programación desta tempada 2009/2010 cunha sesión dupla dedicada ao cinema experimental, para o que nos vai visitar unha vez máis Alberte Pagán. O mércores 30 de Xuño poderemos ver dous verdadeiros clásicos deste cinema: Wavelength (Michael Snow, Canadá / EUA, 1967) e (nostalxia) ((nostalgia), Hollis Frampton, EUA, 1971), ligados pola historia xa que Frampton actúa no filme de Snow, e este é á súa vez o narrador de (nostalxia). Wavelength, considerada unha obra senlleira do cinema underground, é un documentario sen acción, sobre unha oficina pola que pasaron máis dunha ducia de negocios que acabaron quebrando. (nostalxia), pola súa banda, está realizado con imaxes en branco e negro tomadas por Frampton nas súas performances, que van ardendo lentamente mentres son comentadas por unha voz en off.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal. A entrada é de balde. Nas sesións do Cineclube, os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Mércores 30 de xuño
Wavelength
(Michael Snow, Canadá / EUA, 1967, 45', VO)
(nostalxia)
((nostalgia), Hollis Frampton, EUA, 1971, 38', VOSG)
Presentado por Alberte Pagán

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.