1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121110_monte_pornedo_cabaloGaliza - Almuinha - Colectivos a prol da conservaçom do monte Pornedo senunciam as agressons que sofre este espaço natural e arqueológico


Diversos colectivos veciñais e sociais de Marín, como Defende o Monte Pituco (Pornedo), a Asociación de Veciños de San Xulián, a Asociación Cultural Almuinha, o Colectivo Nacionalista de Marín, e a comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, alertan ás Administracións local e autonómica das agresións que vén sufrindo este contorno onde abundan gravados rupestres, elementos etnográficos e miradoiros naturais.
Recentemente localizouse no Alto do Pornedo un vehículo totalmente calcinado; trátase dun turismo que foi sustraído en Vigo, segundo averiguou a Policía Nacional de Marín.

Os autores do roubo prendéronlle lume ao coche nunha explanada situada a escasos metros do complexo rupestre de Pornedo, catalogado como Ben de Interese Cultural co código
GA36026015. Estes colectivos consideran que os restos deste vehículo representan un perigo
para o medio ambiente, polo que se dirixiron por escrito ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, á Concellería de Medio Ambiente de Marín, á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, así como á
Comunidade de Montes de San Xulián, para informar deste feito delictivo e ante a preocupación pola necesidade de retirar a estrutura do coche e os demais elementos que foron destruidos polas lapas.

Os restos deste vehículo tamén representan un risco para a saúde e a seguridade das persoas que acoden ao monte nunha época, en pleno outono, especialmente propicia: afeccionados á micoloxía que percorren esta zona recolectando cogomelos, cazadores cos seus cans, e cidadanía en xeral que se despraza a este enclave para visitar os seus restos arqueolóxicos, os seus elementos etnográficos e para recrearse nos miradoiros naturais que ofrece o Monte Pornedo.
Outro motivo de queixa vai dirixido á acción dos pilotos de quads e motos que se desprazan ao Monte Pornedo para realizar prácticas de conducción que están a provocar o deterioro desta zona e da súa orografía. O paso constante das rodas altera progresivamente a consistencia do chan, impide o crecemento da vexetación e, coa chuvia, provoca que se formen lameiras de considerables dimensións que rebordan monte abaixo. Sendo unha actividade irregular nun espazo de propiedade comunal, estes colectivos instan aos organismos competentes a
intensificar a vixiancia para disuadir os pilotos que adoitan exercitarse neste lugar, desoindo a
veciñanza que os insta a respectar este contorno.

Fronte á indiferenza das entidades responsables da súa conservación, Defende o Monte Pituco (Pornedo), a Asociación de Veciños de San Xulián, Almuinha, o Colectivo Nacionalista de Marín e a comisión do Espazo Sete Camiños comprométense a velar polos valores ambientais e culturais deste enclave marinense, rexeitando e denunciando calquera acción de deterioro ou agresión: dende os efectos do botellón que emporcan con frascos e lixo o lugar, ata os verquidos incontrolados de cascallos, pasando polo grave extremo da queima ou abandono de
enseres, e a práctica motorística nas ladeiras do monte.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN XULIÁN

MÁIS INFORMAÇOM: montepituco@gmail.com

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.