1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

17097403007 db5cc38fcc mGaliza - ODS Coia - O pasado martes 28 de abril varias ducias de persoas, convocadas pola ODS-Coia, G.A.S. e a parroquia do Cristo da Vitoria, concentráronse diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para denunciar que non aceptan “ningún negocio coas nosas necesidades”.


Foto da ODS Coia

A través dun acto de entrega colectiva do ticket eléctrico deixaron de manifesto que esta medida nin remata coa pobreza enerxética, a cal sufren cada días máis fogares, nin serve para garantir o dereito ao subministro eléctrico, independentemente de ter ou non ingresos.

As respostas da Xunta a necesidades tan básicas como a electricidade é, ademais desta esmola asistencial en forma de ticket, son as seguintes:

- Unha chea de policía (secreta incluída) e gardas de seguridade, que coma en anteriores ocasións, estaban pendentes dos movementos dun grupo de persoas que acudían a denunciar a “mala vida” que ofrecen os poderes a través da presentación desta axuda.

- Un informe asinado polo xerente do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) en resposta á queixa feita na presentación colectiva do ticket eléctrico realizada o 24 de novembro de 2014. Chama a atención que a resposta chegou días antes de facer pública a convocatoria do acto na Xunta. Pero máis que a data da resposta o chocante é o contido da mesma. Por partes a comentamos:

- Solicitudes só por vía telemática: o INEGA xustifica a obrigatoriedade e exclusividade da presentación telemática das solicitude, no“alto número de solicitantes potenciais”. Da ODS Coia comparten ese argumento, pero unha cousa é que unha ampla maioría de persoas sufran para pagar as facturas da luz e outra diferente é que sexan quen de cumprir os restritivos requisitos que establece a Xunta. E sempre e cando teñan a capacidade de cursar unha solicitude que semella pensada para que non se presente.

- Negativa do Concello de Vigo a colaborar coa documentación: estamos acostumadas a estar no medio das leas entre administracións nas que a peor parte sempre recae sobre nós. Neste caso o concello de Vigo, onde se encontra o ODS Coia, négase a emitir o informe social da solicitante requirido na convocatoria. Informe social que é absolutamente innecesario, xa que debería ser unicamente o nivel de renda o criterio para conceder ou denegar a axuda, non precisando dun informe dunha traballadora social para acreditar tal extremo.

- Impedimentos para tramitar a solicitude na Xunta: o xerente parece presumir de que o 24 de novembro mandaron de Compostela dúas funcionarias para axudar cos trámites ás persoas que se concentraron para solicitar a axuda. Dende a apertura do prazo até a finalización do mesmo, coa excepción do día de dita concentración, na delegación de industria en Vigo o que había era descoñecemento e desinformación e falta de equipos e material para cursar as axudas: a plataforma tiña un funcionamento precario e non existían ordenadores a disposición do público.

- A miseria da contía da axuda: véndese que nesta convocatoria a contía da axuda aumentou até os 90 €, ou 150 de sermos familia numerosa. En tempos en que unha gran parte da poboación sofre a cotío a chamada pobreza enerxética, en que moitas de nós sufrimos cortes de luz por non poder pagar as elevadas facturas, a escaseza do importe das axudas parécennos un insulto. Unha vez máis hai que tragar coa propaganda de medidas miserentas e insuficientes que non serven para nada.

- Excesiva burocratización das convocatorias: ademais de ter que salvar a presentación telemática, a falla de persoal e equipos para a tramitación, vólvense a sufrir os atrancos administrativos, a esixencia de documentación, unha dobre convocatoria para unha única axuda, que obriga a superar a mesma “carreira de obstáculos” para conseguir uns poucos euros.

Do ODS COia esixen que a Xunta, como o resto das administracións, tome en serio o benestar das persoas, e que, dunha vez por todas, mude a concepción asistencialista e miserenta á que nos ten acostumadas, por medio de políticas que vaian a orixe do problema, que ataquen e rachen con este sistema no que mentres moitas pasamos frío, uns poucos enchen os petos especulando coas nosas necesidades básicas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.