1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

regatosammarGaliza - Verdegaia - Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.


Este verquido constante torna as augas cristalinas do regato nun líquido gris e nauseabundo que vai aniquilando toda a fauna e flora que atopa polo camiño ata a desembocadura no rio Miño, espazo pertencente á Rede Natura 2000 por formar parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Baixo Miño”.  

Como as comunicacións realizadas ao concello de Tui e ao Seprona non eran obxecto da atención que a situación esixía, optamos por comunicar os feitos á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e simultaneamente solicitar a restauración do ecosistema fluvial afectado, a sanción dos responsábeis e a posta en práctica de medidas que eviten situacións semellantes no futuro.

A CHMS, despois de analizar o estado das augas, acordou sancionar o concello de Tui por “un verquido de augas residuais, procedente de 3 colectores, á canle do regato San Martiño causando danos ao Dominio Público Hídrico” e consecuentemente impoñerlle unha multa de 43.891,20€ e unha indemnización de 13.167,36€.

Verdegaia lamenta esta sanción a cargo de fondos públicos municipais que se tería evitado se as administracións tivesen actuado en tempo e forma ante esta agresión medio ambiental. A denuncia que o colectivo presentou perante a CHMS non foi máis que a formalización das denuncias que moitas persoas que coñecían os feitos viñan facendo dende fai varios anos pero dun modo informal. É por iso que incitan a todas as persoas a informar e, se corresponde, a denunciar aquelas situacións que consideren como infraccións ou inxustas co medio natural.

Da Verdegaia esperan a rápida restauración deste regato para así devolver á zona ese especial atractivo que caracteriza os cursos de auga do Baixo Miño.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.