1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

compostelaabertalogoGaliza - Compostela Aberta - Compostela Aberta sumase ao recurso presentado pola Plataforma Cidadá Defender O Público-Salvemos A Casa Da Xuventude solicitando a paralización inmediata do derrube da Casa da Xuventude.


"A gravidade das irregularidades cometidas e a manifesta ilegalidade do procedemento polo que se aprobou o proxecto de derrubo do edificio da Casa da Xuventude, son unha mostra mais do absoluto desgoberno que sufre a cidade baixo o goberno do PP".

Desde Compostela Aberta reclaman a necesidade de acabar con actuacións coma esta, carentes de información pública, que impiden a participación e o control deses abusos por parte da cidadanía e o dispendio dos fondos públicos.

Unha vez coñecido o recurso presentado pola Plataforma cidadá "Defender o público-Salvemos a Casa da Xuventude" contra o derrube do edificio da Casa da Xuventude e a argumentación legal do mesmo, "queda en evidencia unha vez mais a falta de rigor e a trapalleira forma de gobernar que ten o Partido Popular en Compostela".

Desde Compostela Aberta súmanse á denuncia das graves irregularidades cometidas polo Concello e Santiago de Compostela na tramitación do expediente para o derrubo da Casa da Xuventude.

"Empezando polo incumprimento flagrante do Plan Especial que para este edificio propón medidas concretas de tratamento de fachada para a súa mellor integración ambiental no conxunto e nunca a demolición, e o incumprimento tamén da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia porque a derruba pretendida só é posible coa substitución do edificio derrubado por outro de nova edificación que cumpra as determinacións do plan"- explican.

Ademais denuncian a utilización fraudulenta do artigo 44 da Lei do Solo que fala de cambio de usos dotacionais de terreos e que aquí se aplica sen ningún rubor a un edificio dotacional, e pola ausencia total de calquera trámite de información pública, que permita a participación e o control deses abusos por parte dos cidadáns.

E faino a pesar de existir informes técnicos internos desde o 2.012 que alertaban de que o propio Plan Especial prevé unha solución de accesibilidade ao Parque de Belvís, polo que a actuación pretendida leva consigo un maior custo para as arcas públicas e unha perda patrimonial derivada da derruba do edificio.

Compostela Aberta avoga por manter o edificio con usos socio culturais ao servizo da cidadanía e facer a conexión entre a Praza do Matadoiro e o parque de Belvís tal e como contemplaba o Plan Especial: "Nestes tempos de crise o Concello non pode propor a demolición dun edificio da súa propiedade de 1.500 m2, valorado en mais de un millón de euros, e simultaneamente dicir que elimina os usos socio culturais do palacete da finca do Espiño porque necesita espazo para dependencias propias do concello".

Esixen "un pouco e rigor e sentido común na administración do patrimonio público municipal, do que xa forma parte a Casa da Xuventude, e a eliminación de políticas de dispendio dos fondos públicos e de eliminación de edificios con uso socio cultural ao servizo dos cidadáns".

Igualmente esixen do Concello que obrigue a Xunta de Galicia a devolver o edificio en correctas condicións de uso e conservación, efectuando as obras de mantemento necesarias antes da súa cesión definitiva ao Concello de Santiago de Compostela.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.