1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8928152372 b68eb13523 zGaliza - PDCeB - A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0)

A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños.

Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto.

Nesta nova disposición recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais, determinará a caducidade dos dereitos mineiros correspondentes. Ademais prevé a súa aplicación retroactiva no caso de resolucións denegatorias de autorizacións de explotacións ditadas con anterioridade á entrada en vigor desta lei.

Isto resulta de aplicación directa para Mineira de Corcoesto, cuxo proxecto para a explotación aurífera das concesións Emilita, Ciudad de Masma e Ciudad de Landró, reguladas pola lei de minas de 1973, foi denegado ante a forte oposición social ao mesmo, por resolución da Consellería de Economía e Industria de data 11 de marzo de 2014, debido a falta de garantías técnicas e económicas.

Esta modificación lexislativa fai que Mineira de Corcoesto e a canadense Edgewater perdan definitivamente os dereitos mineiros que ostentaban sobre dos montes de Corcoesto e imposibilita, para tranquilidade da veciñanza da comarca, que poida presentar no futuro outro proxecto de explotación de ouro na zona.

Agora correspóndelle á Consellería de Economía e Industria incoar de oficio o procedemento de caducidade dos dereitos mineiros e a cancelación da súa inscrición no Rexistro Mineiro de Galicia, solicitude que tamén vai presentar por escrito a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños para asegurar a tramitación, canto antes, deste procedemento de caducidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.