O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

electromagGaliza - APDR - Ante as festas de Nadal e os agasallos aos que vai asociado, dende a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética/PECCEM nas derradeiras semanas dirixen unha campaña de Nadal ás asociacións de nais e pais galegos, para informarlles das alertas científicas e de distintas institucións europeas e internacionais sobre os riscos para a saúde das nosas fillas e fillos no uso de dispositivos emisores de radiacións electromagnéticas como as radiofrecuencias (teléfonos móbiles e DECT, Wi-Fi,  e outros dispositivos sen fíos).


Esta alertas recollen, entre outras, as recomendacións proteccionistas da Resolución 1815/2011 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa –APCE- (na liña defendida pola Axencia Europea de Medio Ambiente, xa contemplada nalgunha medida polo Parlamento Europeo en 2009) que como proposta base propón: “Tomar tódalas medidas razoables para reducir a exposición aos campos electromagnéticos, especialmente ás radiofrecuencias emitidas por teléfonos móbiles, e en particular a exposición na infancia e mocidade”. Medidas como:

-   “Informar sobre os riscos potenciais para a saúde dos teléfonos sen fíos DECT, os babyphones e outros aparatos eléctricos que emiten continuamente microondas pulsadas… e recomendar o uso de teléfonos con cable nos fogares, ou no seu defecto, modelos que non emitan permanentemente ondas pulsadas”.

-   “Campañas de información dirixidas ao profesorado, nais e pais e o alumnado para advertirlles dos riscos específicos do uso precoz, indiscriminado e prolongado dos teléfonos móbiles e doutros dispositivos sen fíos”, primando para nenas e nenos en xeral centros de ensino libres de contaminación electromagnética (Wi-Fi, teléfono móbil), con “conexión a internet por cable”.

Nesta liña, no estado español xa son varias as federacións de nais e pais (como a Federación de ANPAS de Lugo), veciñais, sindicais, ecoloxistas (como Ecoloxistas en Acción e a Federación Ecoloxista Galega –da que forma parte a APDR-), partidos políticos, asociacións profesionais (como o Colexio Oficial de biólogos de Galicia), parlamentos autonómicos (Basco e Navarro), concellos … que denunciaron este problema de saúde pública que supón o aumento exponencial a exposición da poboación ás radiacións electromagnéticas, e solicitan a aplicación das recomendacións citadas do Consello de Europa.

Neste vindeiro 2015, os e as promotoras seguirán informando á comunidade educativa en defensa da saúde e dun uso racional e seguro da tecnoloxia. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios. Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.