1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

mani12webGaliza - ARC - O VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER.


Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde rematará cunha concentración e dando lectura ao manifesto.

O goberno municipal quere chantar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidiu paralizar as obras, xa que rexeitan de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren meter un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.

Consideran que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denuncian este gasto insultante cando parte do barrio e da cidade está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos...

Fonte: Assembleia Rotunda Coia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.