1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

seminarioinauguracomGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego inaugurou onte, 26 de setembro, un seminario europeo no que se analizará, até o 29 de setembro, de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía. Trátase dun evento no que están a participar máis de medio cento de representantes de organizacións agrarias e de consumo de diversa procedencia como Austria, Alemaña, Holanda, Reino Unido, Francia, Noruega, Italia, Euskalherria ou Andalucía. Durante toda a fin de semana, desenvolveranse relatorios, debates e grupos de traballo na Casa da Terra (Antas de Ulla), con saídas de campo a Teo, Lalín e Vedra, e cunha conferencia final, o luns 29 de setembro no Hotel Congreso (Montouto, Teo), na que se farán públicas as conclusións do encontro.


A xornada de onte estivo centrada na presentación de experiencias que están a facer realidade o obxectivo deste seminario: achegar os produtos labregos á cidadanía. Neste senso, a primeira en falar foi Isabel Álvarez Vispo, técnica da organización vasca EHNE-Bizkaia e encargada de coordinar Nekasarea, un acrónimo que soa como Nekazari (labrego) e vén de Nekazari Eta Kontsumitzaileen Arteko Sarea (Rede entre persoas produtoras e consumidoras), experiencia que relaciona 900 familias con 85 explotacións que lles fornecen directamente de alimentos. Nekasarea naceu no ano 2005 buscando un cambio integral no modelo de comercialización dos alimentos. Hoxe, dá estabilidade ás explotacións que participan na rede, sobre todo ao medio cento que producen hortalizas e que teñen en Nekasarea a súa principal canle de comercialización. Respecto dos consumidores e consumidoras, todas coinciden que neste modelo gañan calidade e aforran diñeiro, xa que deixan de acudir ao supermercado e gastar en produtos que non necesitan. Isabel Álvarez Vispo destacou a importancia que Nekasarea está a ter como motor de incorporación de xente nova á agricultura.

Despois foi a quenda de Dora Cabaleiro, labrega afincada en Vilar de Ernes (Negueira de Muñiz). Ela e outras tres persoas formaron a cooperativa Ribeira do Navia que, entre outros traballos, fan transformación de froitas e hortalizas, fundamentalmente zumes de mazá e de uva tinta; o escumoso bieiteiro, que é unha bebida feita a base de flores de sabugo; deshidratados de cogomelos, hortalizas e froitas; marmeladas, xaropes, lambonadas, doces e mel; salsa de tomate, pisto e ketchupt; vinagre de mazá e uva, encurtidos ou chucrut, que é col fermentada. Outra parte da cooperativa ocúpase de tarefas como facer rozas, plantacións, podas e todo tipo de traballos agrícolas e forestais. Finalmente, tamén fan traballos de rehabilitación arquitectónica e construción. Dora Cabaleiro compartiu coas persoas asistentes a experiencia da súa cooperativa en venda directa. En concreto, Ribeira do Navia vende os seus produtos no Mercado da Terra, que se celebra tódolos martes na praza de abastos de Lugo organizado pola asociación O Bandullo Ecolóxico, e participan en feiras.

Finalmente, interveu Judith Hitchman, que traballa para a rede internacional de redes Urgenci que, á súa vez, forma parte do IFOAM (International Federation Organic Agriculture Movement). Ademais, Judith forma parte do órgano de participación civil do Comité de Seguridade Alimentaria, con sede en Roma, e colabora activamente con La Vía Campesina. Urgenci traballa en todo o mundo para reforzar a agricultura a pequena escala dentro da cadea alimentaria con ferramentas como a intensificación das relacións entre as persoas que producen e as que consumen, ou o estudo de como descentralizar e acurtar os circuítos de comercialización, tendo como un dos piares do seu traballo a soberanía alimentaria.

Programa


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.