1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

limpezariosGaliza - Associaçom Lazoiro - A asociación Lazoiro organiza os días 27 e 28 de setembro as II Xornadas de Conservación do Río en Salvaterra, coincidindo coa Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos organizada por ADEGA. Nesta edición haberá unha charla sobre a importancia da auga.


Dende a Asociación Lazoiro, informan que nos días 27 e 28 de setembro terá lugar en Salvaterra de Miño as II Xornadas de Conservación do Río e que por segunda vez estarán adicadas ao río Tea.

Non limitándose só ao río Tea e coa intención de dar a coñecer a complexa situación que se vive en diferentes lugares do mundo -non tan lonxe como a xente pensa- pola problemática da auga, organizan estas II Xornadas de Conservación do Río adicadas tamén a auga, na procura de aumentar a información e a concienciación social sobre un tema tan delicado como este; a falta de auga potable. Por ese motivo, estas xornadas estarán dividida en dúas partes.

O sábado 27 ofrecerán na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño ás 18:00, a proxección dun documental sobre a visión existente da auga, tras o cal, contaán coa asistencia de tres convidados: Mª Carmen Argüelles, profesora da UVIGO, Antón Lourenzo, ex-concelleiro do BNG de Salvaterra e Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas. Nesta charla amosarase diferentes achegas e puntos de vista sobre a situación actual e a problemática da auga e tamén se falará sobre as augas termais no río Miño, a importancia na recuperación das fontes muíños e regatos, así como os beneficios, non só para o noso medio ambiente, senón tamén no turismo ao poñer en valor os nosos recursos naturais e patrimoniais.

Por outra banda, o domingo 28 de setembro ás 9:30 da maña darase inicio a segunda limpeza do río Tea, que comezará na ponte medieval de Salvaterra e que irá integrada dentro do Proxecto Rios organizado pola asociación ecoloxista ADEGA, coincidindo coa Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos onde participan numerosos colectivos por toda Galiza.

Convidan a todos e a todas as que desexen asistir a este acto e compartir as achegas e opinións sobre o asunto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.