1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

sachosaruaGaliza - FEB - Rianxo, baixo o lema “Sachos a rúa”, acolle a segunda Feira labrega da Barbanza. O sábado 30 de agosto, no campo de arriba, os Foros ecolóxicos da Barbanza volverán mostrar proxectos da contorna baseados na agroecoloxía.


Os Foros ecolóxicos da Barbanza pretenden potenciar o mercado local e que persoas que producen alimentos de xeito ecolóxico poidan vivir decentemente do seu traballo. Por iso, o vindeiro sábado en Rianxo poderás degustar pratos vexetarianos de Porto do Son ou cervexa artesá de Lousame, mentres escoitas música tradicional ou ves os artesáns facendo algunha demostración dos seus oficios. Igual que na primeira Feira en Ribeira, poderás facer a compra da semana mercando produtos fresquiños directos das hortas da contorna. E sen esquecer o coidado da pel, tamén estarán dispoñibles nesta Feira Labrega, xabóns, cosméticos naturais e plantas menciñeiras.

Este evento xurde dos Foros ecolóxicos da Barbanza, que son asembleas de persoas interesadas polos temas de agricultura ecolóxica, alimentación sa e o comercio xusto. Este colectivo percibe a necesidade de crear puntos de encontro como as Feiras Labregas onde poder atopar produtos naturais, libres de agrotóxicos e sen organismos modificados xeneticamente. Ademais pretenden poñer a andar asociacións e cooperativas de produción e consumo ecolóxicos na Barbanza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.