1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

montepitucorotGaliza - DMP - Preto de 80 persoas participaron este domingo na andaina organizada pola Asociación Monte Pituco. Asistiron á ruta veciños da parroquia de San Xulián e do centro de Marín, das parroquias veciñas de Salcedo e Lourizán en Pontevedra, e afeccionados ao sendeirismo dende localidades como Cangas, Moaña e Vigo. Tamén se sumaron persoas que están veraneando na bisbarra, procedentes de Asturias e Madrid. Todos coincidiron en admirar a paisaxe, o patrimonio arqueolóxico, a tradición oral asociada aos petroglifos e os sendeiros que conforman a área que abrangue o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.


O obxectivo desta iniciativa era, ademais de dar a coñecer un valioso conxunto de bens, reivindicar a súa conservación, fronte ao proxecto do Concello de Marín e da Xunta de construir un polígono industrial no Monte Pituco, incluido no Espazo Natural dos Montes do Morrazo; unha zona que, xunto cos Bens de Interese Cultural protexidos, é abundante en mananciais naturais, especies de flora endémica e fauna ameazada, e cun forte desnivel que faría inviable unha obra desas características.
As explicacións dos elementos que se visitaron ao longo do itinerario -gravados rupestres, mámoas, elementos de interese etnográfico, lendas- correron a conta de representantes da Asociación Monte Pituco. Interviron tamén Ramón Laxe, da Comunidade de Montes de Salcedo, que explicou os traballos de recuperación e posta en valor que están facendo de muíños, petroglifos e a ordenación dos recursos forestais; e Xilberte Manso, do Instituto de Estudos Miñoranos, un colectivo radicano no Val Miñor con moita experiencia na divulgación do patrimonio arqueolóxico.
Destacou tamén a presenza, neste roteiro, de representantes de diversos colectivos: Sociedade Antropolóxica Galega, Queremos Galego Marín, Anova, Colectivo Nacionalista de Marín e Círculo Podemos, entre outros.
Partindo dende a arboreda do Monte Pituco, a carón da estrada de Figueirido, o grupo achegouse ata os petroglifos e a mámoa de Sete Camiños, a fonte da Prata e Chan das Mouras en Salcedo, o monte e a mámoa de Catadoiro en Lourizán, para rematar no conxunto rupestre de Pornedo e no miradoiro dende o que se divisa unha panorámica de toda a ría.
A Asociación Monte Pituco organizará unha nova andaina a mediados do vindeiro mes de setembro para dar a coñecer outros bens; será en horario vespertino, para poder apreciar os gravados rupestres coa luz rasante do solpor.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.