1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

filgueira toros pontevedraGaliza - Abordagem - O BNG de Pontevedra insiste en que non é competencia súa a prohibición das touradas nesta cidade, alega que a propietaria da praza é unha empresa privada e que, como tal, non pode intervir.


Mesmo negaran toda relación con a mesma; así, Carme da Silva, concelleira de Festas que leva trece anos na xestión municipal con o BNG, nunha entrevista de "La Coz", declarara que «as festas de Pontevedra poden pasar perfectamente sen as touradas» e agregara que o Concello «nin ten que ver con iso [as touradas], nin tampouco podemos facer nada; é unha praza privada que desenvolve unha actividade autorizada pola administración que lle compete». O que non dixo a concelleira é que entre concello e a empresa propietaria da praza teñen, dende o ano 2000, asinado un convenio que dalle moitas gañancias á empresa, pois o acordo estabelece que o concello poida utilizar o coso taurino para determinadas actividades por un diñeiral, que este ano ascende a47.500 euros!! e non só iso, dado que tambén determina que corresponde á dita empresa a explotación do servizo de bares e bebidas durante a celebración das actividades que promova o Concello; alén de que este autoriza á empresa a anunciar o cartaz das touradas en lugares estratéxicos do casco urbano e a publicitalos por medio de altavoces instalados nun veículo. 

Mais iso é "moco de pavo"!! A hipocrasía do grupo municipal do BNG (lembremos qu este partido levou á cámara galega a petición de declarar Galiza terra sen touradas), chega ao seu esplendor con un outro dos seus concelleiros: Miguel Filgueira Touriño, quen renegando do seu segundo apelido é un entusiasta da matanza de touros, de feito é membro de sempre da peña taurina veterana "GinKas". E non se pasaría nada polo feito de que un militante do BNG sexa protauromaquia (hai outros e outras que son pro-israelitas), mais o tema é que dito concelleiro é (como denuncia o "Gato Pirata" na súa web) o responsable da área do goberno local do Servizo de Transporte Público e Sensibilización Ambiental, e dentro das súas competencias está a sanidade animal, a canceira e os animais abandonados, e de feito muitas veces se refiren a él como Concelleiro de Defensa Animal!!!. 

Neste vídeo podemos ver de novo a Miguel Filgueira nunha homenaxen da peña Gin-Kas ao matador Antoñete:


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.