1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

viaduto-do-rio-mic3b1ouva-e-o-nc3bacleo-poboacional-de-calvarGaliza - PDMM - A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento ao rescate económico das concesións privadas das autovías sen peaxe do Barbanza e o Salnés.


A baixada de usuari@s do automóbil privado que usan estas vías e este rescate, a través do incremento de aportacións con fondos públicos do denominado “canon de demanda”, veñen demostrar que este modelo de infraestruturas e de transporte son un fracaso.

O modelo de adxudicación por tramos destas autovías a distintas UTE´s con empresas privadas é o mesmo que a Xunta está intentando levar a cabo co proxecto de desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo. Xa que logo, ao noso entender, agárdalle un futuro similar. A diferenza é que o desdobramento en autovía do corredor aínda está na fase de licitación polo que se podería paralizar a súa fase de adxudicación e construción.

Como xa temos denunciado desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, as principais beneficiarias dos fondos públicos do desdobramento do corredor serían as empresas construtoras que, ademais, como está a suceder coas citadas autovías que percorren as penínsulas máis ao norte das Rías Baixas, terían que ser subsidiadas no futuro pola falta de rendemento económico, ao baixaren o número de usuari@s.

A crise económica, o prezo á alza dos combustibles e dos seus derivados, a contaminación ambiental provocada polos vehículos motorizados– responsable do 20% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro- e a posta en práctica de novos impostos e peaxes fixeron que o uso do automóbil privado tendera a se reducir nos últimos anos nunha senda que parece non vai ter retorno.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo esiximos a paralización da fase de adxudicación e construción do corredor de alta capacidade do Morrazo. Con esta paralización aforrariamos os novos e grandes impactos no territorio e no medio – incluído os espazos naturais dos Montes do Morrazo e Carballal de Coiro – e as perdas económicas con fondos públicos do fracaso deste modelo de transporte baseado no uso do automóbil privado.

Como alternativa a este modelo demandamos, unha vez máis, o investimento de fondos públicos en vertebrar, mellorar e humanizar as estradas existentes, a construción de máis carrís bici e a potenciación do transporte colectivo e intermodal.

Así mesmo tamén demandamos unha ordenación urbanística racional e non especulativa, baseada no decrecemento e a proximidade, dotando de infraestruturas sociais, sanitarias, etc necesarias os concellos e comarca para evitaren os desprazamentos da poboación fóra da comarca ou localidades.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.