1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

branha verdegaiaGaliza - Verdegaia - Omitíronse varios informes desfavorábeis da Delegación Territorial da Consellaría de Medio Ambiente que sinalaban a existencia de varias especies protexidas.


Pide o cese inmediato dos recheos e a retirada total dos materiais depositados co obxecto de recuperar a zona húmida danada.

En relación ao recheo que desde o pasado ano vense efectuando no lugar de Papoi, parroquia de Marmancón (Ferrol), afectando a unha zona húmida ou braña e que Verdegaia denunciou en varias ocasións, informamos que recentemente puidemos constatar que existen informes desfavorabeis da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente que foron ignorados por Augas de Galiza á hora de outorgar autorización ao titular do predio afectado.

Nun dos informes sinálase que "(...) efectivamente se fixo un recheo en zona de D.P.H." (referíndose ao Dominio Público Hidráulico) e que "Toda a zona que se extende dende a pista de Papoi ata a beira dereita do rio (referíndose ao Regato de San Xurxo), incluida a parcela 2882 (referíndose á parcela afectada polo recheo), é un humidal (brañas)". Asimesmo, recoñécese que "Tamén é unha zona de anegamento, frecuentemente invadida polas enchentes do rio" concluindo que "O recheo da parcela (...) situase nesa zona de inundación (...) provocando deste xeito perxuizos directos ó ecosistema acuático".

Outro informe, elaborado por un biólogo do Servizo de Conservación da Natureza da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente sinala tamén que "Na zona localizamos unha braña, alimentada por pequenos cursos de auga procedentes dos montes próximos. Tamén é unha zona frecuentemente inundada polas crecidas do rio (referíndose ao Regato de San Xurxo). "Este tipo de zonas húmidas é o hábitat de diferentes especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas, tales como Hyla arbórea, Rana ibérica, Rana temporaria e Spiranthes aestivalis" concluindo que "A realización deste recheo produciría unha afección aos hábitats das especies protexidas na zona polo que informase desfavorablemente".

Na tramitación da autorización, ademáis de eludir estes informes, Augas de Galiza sitúa intencionadamente a parcela afectada na Zona de Policia, onde a lei é menos restrictiva, en vez do Dominio Público Hidráulico, tal e como correspondería tratándose dunha zona húmida ou terreo inundabel, onde se prohiben os recheos e verquidos. A autorización outorgada é, polo tanto, Nula de Pleno Dereito ao vulnerar non só o Regulamento de Augas (art. 234) senón por omitir os citados informes desfavorabeis.

Mais o colmo de todo isto é que o titular do predio a rechear foi sancionado con mil cincocentos euros por incumplir varios requisitos da autorización outorgada, a raíz dunha denuncia de Verdegaia; nomeadamente, pola utilización de materiais como pedras, zahorra, arxila, etc, en vez de terra vexetal e porque o recheo supera o metro e medio de altura, cando o máximo era de un metro. A reposición da legalidade non foi efectuada, senón que se estendeu "terra vexetal" sobre ditos materiais ilegais para simular que foron suplantados. O recheo continua efectuándose sobre a zona húmida de xeito impune.

Sospeitamos que existe total connivencia entre o titular da parcela e os citados organismos competentes, dado que en reiteradas ocasións pedimos a paralización do recheo, a revogación da autorización outorgada e a retirada total de todos os materiais depositados sobre a zona húmida co obxecto de devolvela ao seu estado natural, dado que non se axustan á legalidade. Na nosa opinión, estase incurrindo nun presunto delito de prevaricación.

En vista de que Augas de Galiza e o Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente fan ouvidos xordos, non se descarta que Verdegaia emprenda accións xudiciais contra estes organismos por vulnerar a legalidade.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.