1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

DSCN0694Galiza - PDCeB - A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños advirte a Francisco Aréchaga que a mina de ouro que se proxecta non ten nin terá “licenza social” na comarca de Bergantiños nin en Galicia.


 

A poboación da comarca de Bergantiños non está disposta a “pagar o prezo da mina” de Corcoesto que non é soamente “visual”, como indica o novo director xeral corporativo da empresa Mineira de Corcoesto, filial da canadense Edgewater, nun intento máis de enganar á poboación.

O prezo a pagar pola comarca de Bergantiños coa mina de ouro de Corcoesto, é un alto custe ambiental inasumible, dezasete millóns de toneladas de residuos con altos niveis de metais pesados que contaminarán as augas do río Anllóns e a ría de Corme e Laxe por centos de anos. Levará consigo tamén a exposición de unhas 100.000 persoas da contorna ao arsénico liberado no proceso de trituración do material para extracción do ouro, tal e como sinalan estudos científicos da Universidade de Santiago de Compostela. Isto obrigará ás autoridades sanitarias á realización de estudos epidemiolóxicos tal e como solicitan xa os investigadores Díaz Fierros, Rubinos, Devesa-Rey, e Teresa Barral. Este estremo mesmo foi recoñecido por parte das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia nunha recente reunión mantida con veciños de Corcoesto e Coristanco na Consellería de Sanidade.

Estes son os custes aos que non se refire o Sr. Aréchaga, como tampouco se refire aos efectos negativos que esta explotación mineira ten para as actividades agrícolas, gandeiras e forestais, e mesmo para a granxa de vacún máis importante de Galicia, que se atopa a escasos metros da proxectada mina de ouro. Iniciativas coma á desta granxa e outras de agricultura ecolóxica que se desenvolven ao pe da mina, son verdadeiros exemplos de actividades económicas sostibles, xeradoras de riqueza e emprego a longo prazo, que contribúen á vertebración do territorio e ao mantemento de poboación no rural de Galicia.

A actividade mineira, e máis concretamente a da minaría de ouro, é unha actividade que non é sostible, precisamente porque esgota os recursos, compromete o desenvolvemento de outras actividades económicas vinculadas á terra, contamina o medio natural, ten unha duración moi limitada non tempo, e a medio prazo contribúe a acelerar o proceso de desequilibrio territorial que se está a producir en Galicia, a través do éxodo da poboación dos núcleos rurais.

Recórdanlle tamén ao Sr. Aréchaga, que a Plataforma e os veciños das parroquias afectadas directamente polo proxecto mineiro, teñen multitude de informes técnicos que obran no expediente tramitado pola Xunta de Galicia, que acreditan que a restauración non vai quedar ben, é máis, indican que o solo non se vai rexenerar nunca e que non se vai recuperar a capacidade produtiva actual do mesmo no futuro.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.