1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Foto - Mundo Desconcertante - EngarrafamentoGaliza - PDMM - Chegamos ao verán e un ano máis as estradas do Morrazo vense colapsadas polo intensivo uso do automóbil privado.


Hai unha década as instancias políticas da Xunta de Galicia nos prometeron que a construcción e apertura do corredor de alta capacidade do Morrazo iba solucionar os problemas de atascos viarios que xa viñan con anterioridade do abuso do automóbil privado pero desde aquela só vemos que ano tras ano as colas dos atascos son meirandes e os colapsos chegan desde o propio corredor ata as estradas do litoral máis próximas ás praias ademais dunha maior inseguridade vial, tanto no corredor como no resto da rede viaria comarcal e con varios accidentes e mortais nos últimos anos.

Mentras o transporte colectivo da ría acaba de subir uns 15 céntimos na liña Cangas-Vigo e as liñas do autobús Vigo-Cangas e Cangas-Pontevedra outros 5 céntimos máis, provocando que as liñas vaian perdendo vertixinosamente usuarios/as, cando uns feitos similares en Brasil foron suficientes para movilizar recientemente miles de persoas na rúa e botar abaixo boa parte das pretensións estatais ao tanto.

E mentras o transporte colectivo para os/as que residimos no Morrazo os 365 días do ano agoniza a única solución que nos dan desde as administracións públicas autonómica e local é o desdobramento do corredor en autovía (máis do mesmo), aparcamentos disuasorios (en favor unha vez máis do uso do automóbil privado) e liñas de barcos a unhas poucas praias que só vai producir unha maior masificación delas en beneficio do turismo estacional, dunha minoría con maior poder adquisitivo e dunhas cantas empresas privadas (as mesmas que suben agora os prezos ao transporte da ría que utiliza a veciñanza todo o ano e que non interesa potenciar nin a políticos nin a empresas que só buscan explotar ao máximo o rendemento económico en mans privadas).

O desdobramento do corredor en autovía a máis dun incremento grave e irreversible do impacto ambiental no territorio, provocaría un incremento do parque automobilístico e polo tanto unha maior contaminación atmosférica, acústica e hídrica e unha maior probabilidade de atascos polo efecto funil debido á menor capacidade das rede primaria e secundaria de estradas para absorbelo tráfico e ao mesmo tempo tamén de accidentes e sinistralidade.

E por outra parte é discriminatorio e incompatible tanto en orzamentos como en diseño con respeto ao transporte colectivo, a alternativa máis racional, ecolóxica e sustentable, e os efectos son os que lamentablemente seguimos a padecer e cada vez con máis virulencia.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vai organizar en vindeiras datas un roteiro reivindicativo contra do desdobramento do corredor do Morrazo e a favor do transporte colectivo e intermodalizado.

Lembra que o proxecto de desdobramento do corredor cun trazado de arredor de 15 kilómetros en dúas fases entre o enlace de Rande e o da Portela e un orzamento total de 61,2 millóns de euros afectaría unha vez máis e de xeito grave e irreversible aos espazos naturais dos Montes do Morrazo e o Carballal de Coiro, á conca dos ríos Miñouba, da Freixa, Barranco do Faro, da Fraga, do Inferno, Bouzós e das Presas, o entorno de encraves naturais e paisaxísticos de interese, a área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, ducias de camiños e sendeiros,...

E que a falla de financiación pública a Xunta está tramitando de xeito fragmentado os proxectos de execución, estratexia por outra parte para eludir a legal e correspondente avaliación de impacto ambiental da obra no seu conxunto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.