O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040713 eletroGaliza - APDR - Distintos colectivos europeos sentan as bases do documento para unha iniciativa Cidadá Europea contra a Contaminación Electromagnética


Próximo encontro en outubro no Parlamento europeo en Bruxelas

O 29 DE XUÑO FORON SENTADAS AS BASES PARA A INICIATIVA CIDADÁ EUROPEA QUE RECLAMA POLÍTICAS DE PROTECCIÓN FRONTE AOS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS.

De éxito total cualificaron as delegadas e delegados que se deron cita en Madrid este fin de semana tralo encontro internacional de colectivos cidadáns para a preparación da Iniciativa Cidadá Europea (ICE) na que reclaman unha redución e control da exposición dos campos electromagnéticos en toda Europa, esixen que se diten normas que obrigue aos gobernos da unión a adoptar as medidas da Resolución 1815 do Consello de Europa, que se informe á poboación dos riscos das tecnoloxías inalámbricas e se protexa á poboación máis sensíbel como son as persoas electrohipersensíbeis (EHS), a infancia e a mocidade.

Na delegación que representaba ao estado español estivo presente Xulio Carmona da xunta directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra, asesor da Federación Ecoloxista Galega e coordinador galego da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética.

O documento base para a preparación da ICE xa está consensuado e será o manifesto para os grupos que a apoian. Entre os próximos pasos están o darlle forma xurídica previa á súa presentación no Rexistro, para o que haberá unha nova reunión de delegados no Parlamento europeo en Bruxelas en outubro, e o comezo da campaña de recolleita dun millón de sinaturas que durará un ano e que se fará entre os estados que a apoian que actualmente son os de España, Francia, Suecia, Portugal, Italia e Bélxica.

Os delegados tiveron ocasión de coñecerse e compartir boas experiencias trala convivencia obrigada, por non poder atopar un hotel en Madrid sen Wifi a pesar da presenza de persoas con electrohipersensibilidade.

Pontevedra, 4 de xullo de 2013

* Resolución 1815 da Asemblea parlamentaria do Consello de Europa (2011) sobre os "Perigos potenciais dos campos electromagnéticos e os seus efectos sobre o medio ambiente"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Este conteúdo foi bloqueado. Você não pode postar qualquer comentário.

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.