1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

DSCN0757Galiza - PDCeB - A capitalización bursátil de Edgewater é de 7,1 millóns de euros. O patrimonio neto de Mineira de Corcoesto é de un millón de euros.


A Plataforma pola Defensa de Corcoesto considera que a empresa canadense Edgewater e a súa filial Mineira de Corcoesto, S.L., non teñen capacidade financeira para facer fronte a responsabilidades para o caso de que acontezan accidentes graves derivados da rotura das balsas de residuos de lixiviación.

Segundo estudos da Sociedade Galega de Historia Natural, o custo irreparable do desastre ambiental que se produciría en caso de accidente sería de entre 300 e 350 millóns de euros. Fronte a isto, Mineira de Corcoesto, S.L., segundo as últimas contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil, presenta un patrimonio neto de un millón de euros computando as subvencións recibidas da Xunta de Galicia pendentes de imputar aos resultados do exercicio. Este patrimonio non chegaría nin sequera para facer fronte ás débedas a curto prazo da propia empresa, que ascenden a catro millóns de euros ao non contar con activos tanxibles susceptibles de realización.

Se a situación financeira de Mineira de Corcoesto é unha auténtica trampa, a da súa matriz, a canadense Edgewater Exploration LTD, non é moito mellor. Trátase dunha empresa Junior que cotiza na bolsa de Toronto, que conta con 88,7 millóns de accións que se intercambian na actualidade por 0,11 dólares canadenses (8 céntimos de euro) o que determina un valor da compañía en bolsa de 7,1 millóns de euros. O valor da súa cotización caeu nos últimos doce meses un 70% pasando de 0,38 dólares canadenses aos 0,11 actuais. No que se refire ao seu valor contable, este susténtase unicamente na estimación dos recursos e das reservas explotables, entre as que se atopan as de Corcoesto e as de Enchi en Ghanna. O seu activo, polo tanto, é de natureza fundamentalmente intanxible, e incerto en canto ao seu valor, por canto a empresa non ten garantida a posibilidade de explotar os recursos descubertos nas fases de exploración e investigación.

Por este motivo, a Plataforma reclama do goberno galego que non se deixe enganar por unha empresa cuxa capitalización nin sequera equivale ao valor do monte de Corcoesto afectado polo proxecto mineiro. Esíxelle á Xunta que faga un rigoroso estudo do custo-beneficio do proxecto mineiro, que a todas luces obrigará a desbotalo polos escasos beneficios para Galicia e os innumerables custos ambientais que deberán asumir, coma sempre, os cidadáns cos seus impostos.

O actual goberno de Colombia como os anteriores son á vez responsáveis políticos desta situación. Alguns deles, coa estigmatización que tras as loitas obreiras e populares esconde-se o accionar de grupos armados insurxentes. Outros como o actual, cun discurso mais coidadoso non adoitan ningunha medida para frear a man asasesina dos empresarios."

Foto do Diário Liberdade - Manifestaçom em Compostela contra a mineraçom selvagem na Galiza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.