1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050613 atropelamentosGaliza - Verdegaia - Está enfocada á detección de puntos negros de atropelamentos de fauna salvaxe.


Co gallo da celebración do Día Mundial do Ambiente, Verdegaia vén de pór en marcha unha nova iniciativa de participación social, a campaña "Atropelos, non grazas!", de cara a contribuír á defensa do ambiente e ó avance na transformación social coa colaboración da cidadanía, desta volta para atallar o impacto que xeran os atropelos de fauna nas poboacións de animais salvaxes e para mellorar a seguridade vial nas estradas galegas.

Deste xeito, os obxectivos que persegue esta campaña son: 1º) Concienciar a cidadanía sobre o problema que supoñen os atropelos para as poboacións de animais salvaxes e para a propia seguridade vial das persoas. 2º) Localizar puntos negros de atropelos de fauna salvaxe nas estradas da xeografía galega. 3º) Solicitarlles ás administracións que teñan a titularidade das estradas onde se sitúan os distintos puntos negros localizados que tomen medidas para evitar máis atropelos de fauna salvaxe neses lugares. 4º) Localizar puntos negros de atropelos de fauna doméstica nas estradas da xeografía galega e propor medidas de xestión e concienciación para evitar máis atropelos neses lugares. 5º) Fomentar a participación da cidadanía na trasnformación social e na búsqueda de solucións ós problemas ambientais e sociais.

Verdegaia considera que os atropelos de fauna salvaxe ocasionan unha elevada mortalidade de individuos nas poboacións destes animais próximas ás estradas. Ademais, as estradas xeran a perda, fragmentación e degradación de hábitats e poboacións de animais salvaxes mediante o seu efecto barreira, a contaminación (lumínica, sonora e química), a dispersión lonxitudinal de especies invasoras, a xeración de efectos de borde,...

O método que hai que seguir para colaborar con Verdegaia nesta campaña é moi doado e consiste en: 1º) Recoller os datos dos animais salvaxes e domésticos atropelados nas estradas galegas que se solicitan na "Ficha de recollida de datos de Atropelos, non grazas!" que se poderá atopar na páxina de Verdegaia (www.verdegaia.org), sempre coa máxima precaución posible e respectando en todo momento as normas de circulación e seguridade vial. 2º) Enviar a "Ficha de recollida de datos de Atropelos, non grazas!" e, a poder ser, unha fotografía do animal a

atropelosnongrazas@verdegaia.org

Para máis información: www.verdegaia.org ou Diego R. Vieites (670 784 919), responsable da campaña "Atropelos, non grazas!"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.