1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - Domínio Público - Incêndio florestalGaliza - Amig@s da Terra - Amigos da Terra asistiu o pasado día 27 de maio á reunión do Consello Forestal de Galicia, convocado pola Xunta de Galicia, e que tiña como puntos do día a presentación do Decreto de ordenación de montes de Galicia, o Decreto polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortizas de pastos e micolóxicos e a presentación do Plan de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) 2013.


Dende a súa creación o Consello Forestal (ano 2004) non está cumprindo as súas funcións por unha falla de actitude democrática da Xunta de Galicia que marxina e impide que parte dos integrantes do Consello Forestal teñan acceso a información e participen na elaboración de Decretos, instrucións, o propio PLADIGA... Onte lembrámoslle aos responsables da Administración galega que o Consello Forestal creouse precisamente tendo en consideración o principio básico de: "participación pública e de establecer unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica, naceu con vocación de ser o órgano consultivo e asesor da Administración Forestal".

Principios de calquera dos consellos forestais do resto da Unión Europea que en Galicia furta reiteradamente o Goberno autonómico. Os Decretos enriba sinalados veñen sendo negociados dende o mes de xaneiro en que lle foi presentado a "Mesa da Madeira" polo Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, e ás organizacións ambientalistas facilitóusenos a información dos borradores dos Decretos fai menos dunha semana.

O máis incrible e que na xuntanza do Consello forestal o Sr. Secretario Xeral, don Tomás Fernández Couto, chegou a cuestionar a capacidade técnica de parte dos integrantes do Consello Forestal e por ese motivo só convocaban a parte dos integrantes do devandito consello que supomos a Consellería do Medio Rural e do Mar consideran os máis axeitados.

O PLADIGA 2013 déusenos a coñecer só parcialmente o 23 de maio, plano de incendios desenvoltos ao longo de 139 páxinas, na información facilitada faltaban os datos correspondentes a medios, persoal, bases, puntos de vixilancia....datos que se puxeron en coñecemento dos medios de comunicación cando aínda non rematara a xuntanza do Consello Forestal. Como imos a presentar achegas, propostas, alternativas se a Xunta de Galicia non facilita os datos en tempo e forma?

O PLADIGA preséntano para todo o ano a finais de maio? segue sen se ter en consideración as situacións meteorolóxicas que se producen ao longo do ano, coa tradición de "época de máximo risco" e un mes adicional ao ano. Os incendios forestais non teñen data fixa no calendario, o incremento do número de incendios forestais, a situación pola que están a pasar os nosos ecosistemas forestais e o cambio climático fan necesario que o operativo de prevención e extinción de incendios forestais se poida expandir ou contraer en función das necesidades reais.

Non se están cubrindo as baixas do persoal de prevención e extinción: brigadas que día tras día só entran con dous ou tres compoñentes, a media debe de ser de cinco brigadistas como mínimo para garantir a operatividade e a protección tanto dos compoñentes da brigada de extinción como da colectividade. A dia de hoxe non sabemos cal vai a ser a composición das brigadas de prevención-extinción (4, 5, 7 compoñentes...).

Vehículos autobombas, imprescindibles para a extinción de incendios, sen cubrir as 24 horas do día con baixas ou xubilacións de de autobombistas (persoal laboral fixo sen cubrir).

Uso de medios aéreos (helicópteros) sen as súas correspondentes brigadas helitransportadas co cal fai que a súa eficacia e operatividade merme exponencialmente.

Baixas de axentes forestais sen cubrir dende fai mais dun ano (Distritos Forestais onde tiña que haber 20 axentes forestais só están operativos para traballos de extinción de incendios 14-15 axentes).

A transferencia dunha boa parte do operativo de prevención-extinción aos Concellos (falase de 275 brigadas no conxunto de Galicia) supón un xiro de 180º e tamén supón voltar a o modelo de fai 10 anos, condicións laborais, equipamento material, condicións económicas, selección do persoal sen criterios obxectivos, moitas mais eivas para coordinar o operativo, desprofesionalización...para Amigos da Terra non deixa de ser un paso atrás e unha maneira de non asumir as responsabilidades das competencias de prevención e extinción de incendios forestais que deben ser da Xunta de Galicia.

Para máis abundancia nos Distritos Forestais (19 Distritos en Galicia) segue sendo práctica habitual a falla de reunións para alomenos reflexionar sobre os erros que se producen, buscar a forma de mellorar a operatividade e funcionamento do Distrito, coordinar os propios medios con que conta a Consellería...

No ano 2013 a dia de hoxe (28 de maio de 2013) non se ten feito ningún traballo de prevención de incendios forestais (áreas cortalumes, devasas, faixas auxiliares de pistas e camiños, desbouzados).

Amigos da Terra segue insistindo que é preciso crear dentro do Consello Forestal unha "Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais" para mellorar no posible un Plan de Loita Contra Incendios que, por desgraza para o noso país, ten sido un fracaso, fracaso dos distintos gobernos da Xunta de Galicia e fracaso do conxunto da sociedade.

Lamentar dende Amigos da Terra estas actitudes que son postas en práctica a cotío pola Xunta de Galicia, por último queremos facer unha reflexión por todos coñecida e de sentido común, nunca posta en práctica polos gobernos galegos - É posible solucionar os erros do pasado mediante o diálogo e a participación do conxunto da sociedade - Máis de 40 anos de fracasos na loita contra os lumes forestais en Galicia deben de ser mais que suficientes para atopar solucións ao mais grave problema medioambiental que ten o noso país.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.