1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

fotogarrafasregatoGaliza - ADREP - O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" traballou onte sábado, na limpeza de dous regatos de Covas, coñecidos estes como o Cano do Foutadoiro, e o Cano de Marmadeiro, ambos os dous encóntranse na metade da praia de Stª Comba.


Foron sobre uns 200 kg de residuos recollidos, sobre todo, aerosois, botellas, e plásticos.

Desatascar a retirada dun gran tapón formado no regato do Cano do Foutadoiro, varios madeiros, e parte da antiga muralla militar freaban o discorrer das augas.

Queremos chamar a atención aos visitantes e ás autoridades, sobre a gran riqueza natural desta zona dunar da nosa costa. Posuidora de cantidade de plantas endémicas, osexa, grupos que non se atopan de forma natural en ningunha outra parte do mundo.

Queremos denunciar á cidadanía, sobre o malgasto previsto por parte do actual goberno municipal por valor de 916.000 €,para a Praza de España, e de 1.000.000 € para a Costa de Mella. Pois consideramos que ante a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro do noso carto público.

Pedimos ao Concello de Ferrol, a posta en valor da riqueza natural e patrimonial que temos na comarca, destinando todos eses cartos á contratación de desempregad@s, mediante a creación de cuadrillas municipais de traballo, para a reparación, limpeza, e saneamento dos nosos espazos públicos. E que eses contratos sexan en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

No mapa feito por parte dos compañeir@s da Sociedade Columba, pódese ver a ubicación e os nomes dos regatos http://sociedadecolumba.com/gm/ 

Foto: ADREP


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.