1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

florestalumeGaliza - Amig@s da Cultura - "Compañeiro e amigo Higinio: Hai cartas que a un nunca lle gustaría ter que escribir por que non é doada entender a morte, moito menos cando se producen nas circunstancias na que te buscou a ti, hai feitos que ogallá nunca máis acontezan, mais, os forestais sabemos ben que cando se produce un incendio o primeiro combustible é un mesmo e por desgraza os montes de Galicia seguirán sumando máis vítimas por culpa dos incendiarios homicidas.


Higinio Vivas López, era un amante do monte, deixounos leccións de honradez, compañeirismo, solidariedade cos seus veciños, humildade, compromiso...un raiano de nacemento e espírito, o día da túa despedida estaban amigos do outro lado desa Raia imaxinaria que para os desta zona nunca foi fronteira, unha demostración máis da túa grande humanidade.

Hixinio adicou a súa vida a plantar árbores no Val de Monterrei, na Serra de Meda, na Serra do Larouco, en Penas Libres...e a apagar incendios en Galicia, integrante dende o ano 1996 da Brigada forestal de Infesta. "Fóisenos un gran compañeiro, un dos mellores" era o laio máis repetido polos compañeiros da súa brigada e maila brigada de Matamá, compañeiros que estiveron con el no último incendio da súa vida en Castrelo do Val, o xogo da ruleta rusa a que a cotío nos enfrontamos os traballadores e traballadoras forestais fixo que che tocara a ti.

Vai a facer un ano que Higinio nos deixou en Fontefría (Castrelo do Val), o 27 de marzo; Vai facer un ano que o despedimos en Espiño (Oimbra), o 28 de marzo.

Hixinio por eiquí as cousas aínda non mudaron todo o que é preciso e o fedor funesto do monte calcinado xungue aos extremos deste pequeno país, unha terra que arde en silencio, un país calcinado na que os seus gobernantes esfórzanse máis en agochar a realidade que en atopar solucións para rematar coa impunidade coa que actúan os incendiarios, en rematar co cancro enquistado hoxe xa convertido nunha metástase a que a sociedade incomprensiblemente lle da as costas. Gobernantes e sociedade incapaces e incompetentes que non valoran, por tanta mentira e engano premeditado, o traballo dos servidores públicos forestais.

Hixinio, xa fai moito tempo que dixo un sabio que: "a loucura é seguir facendo o mesmo e esperar resultados diferentes" escribo no meu nome, mais estou seguro que tódolos compañeiros e compañeiras hoxe están dacordo comigo. O monte foi a túa vida, o monte é a nosa vida, na túa lembranza, na de Iñigo, na de Julio e Rodrigo, na de Diego, na de Antonio, na de José Luis, na de Miguel Ángel...perdóame, son tantos os compañeiros e compañeiras que nos teñen deixado nas mesmas circunstancias que a túa que sen querelo seguro que me esquezo de alguén. A vosa lembranza, a vosa adicación e a vosa vida na loita contra os incendios forestais debe axudarnos, a pesares das grandes eivas de equipamento, medios e materiais, a seguir loitando na defensa dos ecosistemas forestais, na protección do noso patrimonio natural e en mudar a situación na que nos atopamos.

As bibliotecas están cheas de libros que se poñen amárelos, a súa sabedoría brilla mortecinamente; mais, o extraordinario libro da natureza ofrécenos tódalas "primaveiras" unha edición espectacularmente renovada.

"A natureza coñece o gran segredo e sorrí"

Como remate, un berro de vellos forestais, Saúde e Monte!!!

Base Forestal de Vilamaior – Val de Monterrei, 26 de marzo de 2013

Xosé Santos Otero – traballador forestal"

 

Foto: pablokdc / Flickr - Alguns direitos reservados - Incêndio na Galiza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.