1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

praiacarinholixoGaliza - ADREP - Este sábado, o noso colectivo limpou a praia de Cariño (Próxima ao Porto Exterior), esta limpeza enmarcase dentro dunha campaña a nivel global organizada por "Surfrider Foundation", coñecida tamén como Iniciativas Océano.


Nas tarefas de limpeza retiramos máis de 300 kg de residuos, na súa maioría plásticos, e cantidade de madeiros. Tamén limpamos a canalización do regato que desemboca na praia, este estaba totalmente obturado, o cal facía que a auga erosionase nun punto concreto, dando lugar á derruba da canalización, a mesma foi subvencionada con fondos da UE e atopase nun pésimo estado de consevación.

O obxectivo principal desta campaña é de concienciar á opinión pública sobre as verteduras e residuos que rematan nos océanos. Para facernos una idea, na actualidade, cada segundo rematan no mar 206 kg de refugallos flotantes, que veñen sendo unha das principais causas de mortandade de moitas especies marinas.

Na mesma campaña, @s compañeir@s do "Océano Surf Club" de Ferrol acometeron a limpeza da praia de Doniños.

Foto: ADREP


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.