1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

estacadebaresGaliza - Verdegaia - Saída de Ferrol ás 9:30. Dificultade: media-baixa.


Percorrido: 12,5 km (íntegramente no concello de Mañón)

Dificultade: media-baixa

Hora de saída: 9:30 h (saída do bus)

Lugar de saída: escaleira de correos en Ferrol

Hora de regreso aprox.: ás 20:30 h no mesmo lugar

Superficies: pistas asfaltadas e de terra

Puntos de interese: panorámicas das Rías do Barqueiro e Ortigueira, muíños de auga e de vento, fontes, lavadeiros, Faro de Estaca, observación de aves, o Semáforo, vila do Barqueiro, Vila de Vares e Porto de Vares, peirao fenicio.

Prezo: en función do custo do transporte (non debería superar os 10 €)Cada quen deberá levar á súa comida e bebida. Roupa e calzado cómodos.

Comezamos na porta da canteira "Mina Sonia", no Monte Cañoles. Dende este alto disfrutaremos das primeiras panorámicas sobre a ría do Barqueiro.

Continuamos subindo cara ao alto de Facho Maeda, o punto máis alto da península de Vares con 309 m. Durante toda esta subida poderemos seguir disfrutando das vistas das rías do Barqueiro e Ortigueira, Cabo Ortegal, etc.

Dende aquí imos á Garita, nun tramo chan ao longo da lomba, con boa vista da zona O de Estaca. Dende a garita baixamos cara á Vila de Vares, cunha igrexa significativa do século XVIII. Visitaremos unha fonte e un antigo lavadeiro, antes de dirixirnos a unha zona con varios muíños encadeados que xa están fóra de uso e en estado semirruinoso. Na mesma zona veremos os restos de dous muíños de vento.

Seguimos cara ao Norte para visitar o Faro de Estaca, a punta de Estaca, a base militar de EEUU abandonada e finalmente, o observatorio de aves onde, se o tempo o permite, adicaremos un tempiño á observación do paso das aves mariñas. Xunto ao observatorio tamén se conservan en estado de abandono varios muíños encadeados que baixan polo cantil.

Dende aquí afrontaremos a segunda parte do roteiro, dirixíndonos ao Semáforo de Vares, antiga estación militar de radio hoxe adicada a hotel de natureza (aquí poderemos tomar un café). Dende aquí poderemos disfrutar novamente de espectaculares panorámicas de toda a ría do Barqueiro, en especial da Illa Coelleira e do Porto de Vares, onde nos dirixiremos  voltando pola mesma pista e xirando á esquerda. No Porto de Vares visitaremos un lavadeiro, o conxunto de casas mariñeiras ben conservado e o peirao fenicio, así como outras curiosidades históricas desta vila.

Dende aquí un bus nos conducirá de volta a Ferrol.

Para inscribirse, entrar aqui.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.