1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040313 despejosGaliza - Stop Despejos Compostela - Actualmente, a plataforma traballa con catro familias afectadas por hipotecas do Popular-Pastor.


O martes 5 convócase un roteiro polas sucursais desta entidade para manifestar a urxencia de resolución destes casos

Nos últimos dous meses estamos vendo un aumento alarmante das persoas afectadas por hipotecas do Banco Popular-Pastor, fusionado en 2011. A día de hoxe, falamos concretamente de catro casos que están en período de negociación mais cuxa urxencia aumenta día a día.

A pesar das accións de apoio da plataforma, a situación segue a ser moi complicada para estas persoas, xa que os ritmos aos que se moven os bancos e as institucións non son todo o rápidos que a situación esixe. Esta parsimonia por parte das entidades bancarias e dos poderes públicos fai cuestionar o dereito cidadán a unha vivenda digna.

Co fin de axilizar os trámites e atopar unha solución definitiva para estes casos, dende Stop Desahucios Compostela convocamos á cidadanía a unirse ao Roteiro Popular, que dará comezo ás 10.30h na Praza de Vigo.

Pola dación en pago retroactiva, o alugueiro social e a moratoria de desafiuzamentos XA.

Polo dereito á vivenda, XUNTAS PODEMOS!!

Foto do Diário Liberdade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.