1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

hortaorganicaGaliza - SLG - Tamén vé urxente que aumenten os prezos do leite pagado en xaneiro para deter a caída de rendibilidade nas explotacións.


A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou hoxe, 11 de xaneiro, na comisión de seguimento dos acordos do sector lácteo que se acadaron, a finais do ano pasado, trala folga de entregas de novembro. Na xuntanza estiveron as outras organizacións agrarias e unha comitiva da Xunta encabezada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, e nela traballáronse cuestións como as achegas á Lei da Cadea Alimentaria, para rematar coa posición de abuso das industrias que obrigan a vender o leite en orixe a perdas; ou a configuración dun prezo que contemple a cobertura dos custes de produción.

Isabel Vilalba destacou que, a pesares de avanzar en positivo nesta comisión de traballo, é urxente e imprescindible que o leite que se cobre neste mes de xaneiro reflicta un aumento de prezo que deteña a caída en picado nas rendas das explotacións leiteiras.

En relación tamén coa rendibilidade da profesión leiteira, a secretaria xeral do SLG chamou a atención sobre a necesidade das explotacións de ter acceso a máis base territorial para poder producir os seus propios pasteiros e forraxes de cara a diminuir a dependencia de insumos externos e baixar os custes de produción. "Para isto é fundamental", declarou Isabel Vilalba, "a ordenación do territorio, no sentido de protexer o solo agropecuario de usos como o forestal ou o mineiro. Amais de protexer a superficie agraria, tamén son necesarios mecanismos que mobilicen a terra en desuso e abandonada para que poida ser utilizada polas explotacións agrogandeiras".

Neste sentido, o Sindicato Labrego Galego pedirá que o solo agrario sexa destinado só a usos agropecuarios que son, precisamente, os que xeran emprego e fixan poboación de xeito permanente no medio rural. Por iso, o SLG defenderá que a nova Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia, cuxo borrador está a ser analizado e debatido nestes intres polos integrantes desta comisión, poña fin a prácticas ilicitas totalmente estendidas no noso país en conivencia coas autoridades, como a forestación ilegal de terras agrarias, que están a deixar as nosas explotacións sen predios para desenvolver a súa actividade e a converter o noso campo en materia combustible para os incendios.

Foto: Zun


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.