1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

lixosardinhaGaliza - ADREP - O Colectivo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos de Ferrol acometeu a limpeza doutro espazo público en estado de abandono por parte do goberno municipal, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata (Ferrol), no que realizaron a limpeza das canles deste. Deste rescataron uns 500 kg de residuos sólidos, entre os cales se encontraban valados metálicos propiedade do Concello.


O Colectivo quere deixar constancia das irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc.

Comunicaron e instaron a todas as entidades ecoloxistas de Ferrol a que tomen nota e procedan a efectuar as correspondentes denuncias se houbese lugar a elo.

Cabalgata dos Reis 'Vagos'

Tamén onte en Ferrol, realizaron o Flashmob que parodiou os 16 meses de goberno do Partido Popular no Concello de Ferrol. 16 Meses nefastos, e cheos de inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas)

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Organizaron e colaboraron: Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Plataforma contra o Malgasto e a Asociación Veciñal de Esteiro.

Foto: 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.