Esta limpeza púxose en coñecemento de todas as entidades ecoloxistas da bisbarra invitándoos a participar na limpeza, ou ben, que se acheguen á zona para controlar ou asesorar in situ sobre estas labouras, que en todo momento se realizarán co maior dos respectos cara á flora e fauna existentes na zona.
Para a xente que queira participar nesta xornada ecolóxica e reivindicativa, o punto de encontro será ás 9:00 h no aparcadoiro do estadio de fútbol da Malata. (Fronte a ponte peonil que cruza o río)
Con estas xornadas queremos evidenciar o estado de abandono do patrimonio, espazos públicos, e espazos naturais de Ferrol, cun obxectivo común, a paralización do malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España.
Os cidadáns que participamos no colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" xa realizamos ata o día de hoxe as seguintes actuacións:
. Limpeza do Lavadoiro da Mina de ouro no areal de Ponzos, ( Covas)
. Limpeza do Lavadoiro da Barca, (A Cabana)
. Limpeza do Miradoiro da Batería de San Cristobal
. Limpeza da Batería de San Cristobal
. Limpeza da Fonte de Chamorro
. Erradicación de Plumeiro da Pampa (especie invasora) no barrio de Caranza
. Limpeza da Batería de San Carlos
. "FLASHMOB" denuncia das fochas da cidade
Foto: ElTiempo - Rio Sardinha, em Ferrol