1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

291112 parqueGaliza - CNM - Diante da presentación do proxecto de parque eólico de Pedras Negras por parte da empresa Enel Green Power España nos Concellos de Moaña, Marín e Vilaboa, queremos manifestar a nosa total oposición a este proxecto. De se levar adiante afectaría negativamente os Montes do Morrazo, un importante espazo natural, actualmente protexido polas normas subsidiarias provinciais.


Este proxecto está promovido por unha multinacional italiana, Enel Green Power, que xa foi condenada por delito ambiental na construcción doutros parques eólicos noutras zonas do estado español, polo que non está garantida a preservación do medio nin dos importantes xacementos arqueolóxicos afectados.

Temos que lembrar que no primeiro documento elaborado pola empresa incluía Marín, Vilaboa e Moaña na provincia de A Coruña, o que pon de manifesto a falla de rigor dos documentos elaborados por esta empresa.

A construción de 14 muíños vai alterar gravemente unha zona de importantes restos arqueolóxicos, valores naturais e paisaxísticos. No propio proxecto en exposición pública recoñécese a afectación de catorce xacementos de xeito "moderado" e severo. Os catorce aeroxeneradores son de grandes dimensións (119 metros de altura de buxe e 112 metros de diámetro de rotor), ocuparán una superficie de 17×17 metros cada un. Suporán a apertura de novas vías e ampliación en ancho de pistas forestais existentes, por un total de 17.302 metros, 15.702 metros de gabias para instalación de cable eléctrico e de comunicacións, así como a construción unha subestación eléctrica.

As áreas naturais de monte Formigoso, Chan de Arquiña, Chan de Gagán, Chan de Xestoso, Serra Domego, Chan da Carqueixa, Chan de Pedras Negras, Os Candóns, Chan de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, así como Monte Faro de Domaio e Coto do Home os montes máis altos da península do Morrazo, veríanse afectados polos movementos de terra e a construción de pistas de acceso. Así como os nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos con saída na súa desembocadoura dentro do LIC da enseada de San Simón.

Por moitas medidas correctoras que propoña a empresa para protexer o entorno natural e os xacementos arqueolóxicos, estes non van estar exentos de alteración e perigo de desaparición. Ademais, está recoñecida a gran mortandade de aves que provocan os aeroxeneradores sen que existan medidas correctoras que o eviten.

Desde o punto de vista económico estamos ante un proxecto especulativo baseado nas cuantiosas subvencións que pode recibir a empresa por construír o parque eólico, cartos que non se van reinvestir na comarca. Pola contra, a afectación económica ás comunidades de montes de Marín, Vilaboa e Moaña sería grande ao non poder desenvolver a explotación forestal e perder o uso dunha grande extensión de terreo. Na práctica, e amparada pola lexislación existente, a empresa farase cos terreos que precise por un prezo irrisorio. Ben pola expropiación ou por un arrendamento, en función dos intereses de Enel Green.

Economicamente para os nosos concellos sería un investimento gravoso.
Temos que ter en conta, a maiores, que a enerxía producida vai ser adicada á exportación e non beneficiará ao consumo doméstico ou empresarial do Morrazo, nin tan sequera cunha redución no prezo da electricidade.

Temos que lembrar que a zona é empregada para a práctica do parapente, sendo Pedras Negras unha zona de despegue habitual. O Morrazo conta cunha das asociacións máis importantes para a práctica desta actividade de toda Galiza con socios do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Ourense que se desprazan á nosa comarca, sendo uns magníficos embaixadores dos nosos valores naturais e paisaxísticos.

Demandamos dos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa que se posicionen contra este negativo proxecto e demanden da Xunta de Galiza, que é a administración que o ten que autorizar finalmente, que non permita a instalación na península do Morrazo deste parque eólico. Preservando unha zona de grande interese medioambiental e paisaxístico.

Queremos animar a todas as persoas interesadas en coñecer esta "monstruosidade" a que acudan aos concellos onde está exposto o proxecto e a presentar alegacións solicitando a súa retirada.

Marín, 29 de novembro de 2012.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.