1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041112 bateriadesamcristovaoGaliza - ADREP - Tal como anunciamos, damos por finalizadas as labores de limpeza na Batería de San Cristovo. Os traballos nesta fortaleza consistiron na limpeza do miradoiro exterior, interior da fortaleza, limpeza de muros, roza dun corredor circundante, e amoreado da maleza.


A pesar de dar por finalizadas as xornadas de traballo en San Cristovo, vari@s compañeir@s do colectivo seguirán asistindo días alternos por semana co fin de erradicar por completo a hedra dos muros.

O próximo sábado comezaremos a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono.

Malia a apatía e desconsideración demostrada por parte do goberno municipal, pois non obtivemos resposta ao noso escrito entregado por rexistro, nin retiraron os restos de maleza que solicitamos, non desistiremos no noso empeño de parar o despilfarro previsto para a Praza de España, de 700.000 euros de diñeiro público, queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.

Galería de fotos

Foto: ADREP - Resultado da recuperaçom na Bateria de Sam Cristóvao em Ferrol. Antes, era invisível devido à altura da vegetaçom invasiva.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.