1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

011112 portoGaliza - Galiza Confidencial - A directiva da PDRA acusa ao Goberno galego de ter ocultado até pasadas as eleccións do 21-O a súa decisión de aprobar a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva dos depósitos de hidrocarburos e produtos químicos do peirao de Ferrazo.


A directiva da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) acusa a Alberto Núñez Feijóo e o seu goberno de ter ocultado até pasadas as eleccións do pasado 21 de outubro a súa decisión de aprobar a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva dos depósitos de hidrocarburos e produtos químicos do peirao de Ferrazo, no porto de Vilagarcía de Arousa. Con esta resolución se aproba a actividade nas instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos e químicos de FINSA-FORESA (fueloil, gasóleo, gasolina, parafina e metanol).

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que as instalacións e actividades de FINSA-FORESA son "ambientalmente viables sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada".

"Agresión aos sectores produtivos e túrísticos da ría"

A PDRA considera unha "falta de valentía e honestidade do goberno da Xunta do Sr. Feijoo, o ter agachado esta decisión ata que pasaran as eleicións ao Parlamento de Galiza", din nun comunicado, no que se acusa á Xunta de "ser conscente de que tomaba unha decisión contraria ao sentir e á vontade da maioría da sociedade da Ría de Arousa", expresada na “Carta aberta ao Sr. Feijoo” asinada pola práctica totalidade dos sectores produtivos da ría.

A plataforma tamén considera "unha agresión ao conxunto dos sectores produtivos e turísticos da Ría de Arousa" a probación da DIA , xa que "van estar expostos a un contínuo tráfico de hidrocarburos polo interior da ría máis produtiva de Galiza e, por tanto, a un risco de contaminación que é unha ameaza constante ao sustento de milleiros de familias", advirten.

En particular, a PDRA mantén que a decisión da Xunta supón "unha agresión á poboación de Vilagarcía, Carril, Sobradelo e Vilaxoán, que pola súa proximidade aos Depósitos de Ferrazo, están expostas a un perigo continuado de por vida, tanto de contaminación dos seus recursos como de accidente ou explosión con perigo para as súas vidas".

Accións legais

Por todo isto, a directiva da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acordou iniciar as accións legais que os seus servizos xurídicos recomenden para paralizar o que consideran "unha decisión arbitraria". A PDRA contemplar interpoñer "desde un recurso na Sá do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde está pendente a execución da sentenza ratificada polo Tribunal Supremo, ata un contencioso-administrativo contra a propia resolución administrativa tomada (DIA).

Ademais, iniciarase unha campaña informativa dirixida a toda a Ría de Arousa a través de asembleas en todas as agrupacións de mexilloeiros, confrarías, AA.VV., etc., xunto coa edición de carteis e dípticos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.