1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

291012 portagensGaliza - Praça - Unha "desmobilización". É a proposta que saíu do maxín dun grupo de usuarios e usuarias da Autoestrada do Atlántico que se xuntaron no Facebook para amosaren o seu rexeitamento ás contínuas subas de portaxe na principal vía de comunicación terrestre de Galiza.


Comezaron sendo pouco máis de cen, agora son máis de 2.500 e este martes aspiran a desvirtualizar a súa protesta, levándoa sobre o terreo para expresar unha reivindicación: "Que Audasa trate os galegos como trata Itínere -a compañía propietaria- os seus usuarios noutras comunidades", resume Xosé Ramón Nóvoa, un dos impulsores da mobilización coa que aspiran a que este martes, 30 de outubro, ata 10.000 vehículos deixen de circular pola AP-9.

"Chamamos a que a xente non viaxe pola autoestrada" nesa xornada, senón que "utilice a autoestrada ou o tren" para que "Audasa entenda que estamos cabreados con esta política" de constantes subas de prezos: "este ano levamos tres e en xaneiro haberá unha nova suba". Na actualidade, por exemplo, ir e volver da Coruña a Vigo nun turismo pola AP-9 supera xa os 28 euros e viaxar entre Santiago e a Coruña custa máis de 12. Para percorrer a autoestrada enteira, de norte a sur e de sur a norte, cómpre deixar nas cabinas de peaxe máis de 40 euros.

Estes incrementos prodúcense mentres, explica Novoa en conversa con Praza Pública, "Audasa ten beneficios", nomeadamente, "máis de 120.000 euros ao día de beneficio neto". Aínda así non só soben as peaxes, senón que tamén "desaparecen as persoas" que atenden os condutores nas peaxes: "foron despedidas 16 persoas do equipo de audasa", asegura, nun contexto no que os elevados prezos non só repercuten nos usuarios individuais, senón tamén, advirte, "nas frotas de empresa". De súpeto, unha infraestrutura que supuña unha oportunidade para "o tecido económico e empresarial galego" pasou "a ser un problema", reprocha.

Así as cousas, a "desmobilización" deste martes pretende lograr unha baixada de prezos, xa sexa de maneira directa ou mediante "plans de bonificacións", ademais de esixir que a empresa concesionaria deixe de "aforrar cartos" en, por exemplo, "farois" ou "pintura" do firme, equipamentos visiblemente deteriorados en moitos puntos da autoestrada. Este colectivo non prevé, cando menos polo momento, reproducir en Galiza as mobilizacións que en Catalunya levaron a centos de usuarios a non pagar nas autoestradas. Non obstante, xa hai quen tenta pór en marcha unha protesta semellante a través do movemento #nonvoupagar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.