1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

161012 ENCEpontevedraGaliza - APDR - [Antón Masa] Teño lido as declaracións de Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia e número dous na candidatura do PP por Pontevedra nas próximas eleccións autonómicas e, sinceramente, resulta altamente preocupante pensar na posibilidade de que o futuro da nosa Ría poida seguir en mans deste partido.


En efecto, resulta preocupante escoitarlle dicir ao Sr. Rueda que “é conveniente que ENCE se traslade” pero que “é ineludíbel que se manteña na comarca”. Preocupante porque os matices son fundamentais neste caso e non deixan lugar a dúbidas sobre a súa posición ao respecto do problema de ENCE e, xa que logo, do futuro da nosa Ría e da economía da comarca.

Non di o Sr. Rueda que –tal e como vén fixado pola Lei- ENCE estea obrigada a abandonar Lourizán; nin moito menos! Di simplemente que é conveniente, desexábel; non é sequera necesario. Pola contra si que se mostra rotundo cando afirma que ENCE ten que quedar na comarca: “é ineludíbel...”; é dicir é innegociábel, absolutamente necesario que quede na comarca, e non importa o sitio, podemos engadir... Aquí si que se trata de poñer obrigas a ENCE!.

Pero, ademais, deixa a solución en mans da empresa, coa que di “haberá que falar para tratar de arbitrar unha solución”. Máis claro, auga. No caso de que ENCE non vexa posibilidade de acometer un traslado dentro da comarca, o Sr. Rueda aceptaría de bo grado a permanencia da empresa contaminante no seu actual emprazamento. E non debemos esquecer que os directivos de ENCE teñen afirmado en máis dunha ocasión que non pensan saír de Lourizán, que non lles resulta rendíbel.

Así as cousas, o Sr. Rueda está a falar dun máis que probábel apoio á permanencia de ENCE na Ría no caso de que a empresa non queira acometer un traslado dentro da comarca, pois este -e non outro- é o único xeito de facer compatíbeis as dúas afirmacións do Conselleiro. E vai ser o Sr. Rueda, o seu partido, quen se ocupen de informar sobre a situación ambiental de ENCE no caso de que o PP consiga modificar a Lei de Costas para –entre outras cousas- prolongar a concesión de ENCE en Lourizán por 75 anos máis?.

Insisto, medo me da pensar na continuidade no poder autonómico de persoeiros como o Sr. Rueda, dispostos a manter os privilexios da empresa ENCE a costa de incumprir as leis e de afondar na destrución dos recursos naturais, do medio ambiente, da calidade de vida e da economía da comarca.

*Antón Masa é presidente da Associaçom Pola Defesa da Ria de Ponte Vedra (APDR)

Foto: Iago/Diagonal


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.