Galiza - Verdegaia - O próximo domingo 14 de outubro, Galiza Non Se Vende, có apoio de Verdegaia, convoca unha mobilización con saída as 12 dende a Alameda de Compostela na que se celebrará un xuízo popular aos responsables do abandono e destrución da nosa terra e do noso mar, do noso patrimonio cultural e dos nosos recursos.
Estes son os cargos que se lles imputan:
- Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..)
- Desastrosa xestión de residuos e contaminación
- Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento...)
- Desprotección da biodiversidade
- Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..)
- Abandono do patrimonio cultural
Non permitamos que unha banda de delincuentes poñan en perigo o noso presente e o noso futuro
DEFENDAMOS A TERRA E O MAR
Acude a Compostela o 14!
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.